OBRADOIRO DE EDUCACIÓN EMOCIONAL E SEXUAL

A Área de Igualdade do Concello de Brión a través do Centro Quérote + organiza un obradoiro. Comprácenos difundir a información entre todas as nosas familias por se fora do voso interese:

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN EMOCIONAL E SEXUAL

  • Dirixido a: persoas con menores a cargo (de entre 0 e 18 anos)
  • Obxectivos:
  • Crear un espazo seguro de reflexión onde compartir dúbidas, preocupacións e dificultades derivadas do proceso da crianza
  • Dotar de coñecementos básicos para a educación sexual
  • Construír ferramentas que axuden na xestión diaria da educación de menores
  • Data e hora: 14 de novembro de 17h a 18:30h
  • Lugar: aula de arriba do Centro Social Polivalente
  • Imparte: Penélope Alonso (Psicóloga e sexóloga do Centro Quérote +)
  • Inscricións: ata o 10 de novembro (ao correo bea@briondixital.org ou no tlf. 981 50 99 10)
OBRADOIRO EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL (PROGRAMA)