RECLAMACIÓN ÁS CUALIFICACIÓNS DE 2º DE BACHARELATO E/OU ÁS CUALIFICACIÓNS DAS MATERIAS PENDENTES DE 1º BACHARELATO

Circular 2/2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2020-2021, as reclamacións ás cualificacións de 2º de bacharelato e/ou ás cualificacións das materias pendentes de 1º de bacharelato, presentaranse de acordo co seguinte procedemento e nas seguintes datas:

Día 19 de maio ás 8:30 horas

Entrega dos boletíns coas cualificacións finais de segundo de bacharelato por parte dos titores/as na aula de referencia do grupo.

As notas serán enviadas tamén por SIXA .

Días 19 e 20 de maio, en horario de 9:00 a 14:00 horas

Presentación de reclamacións Instancia dirixida á Dirección do centro.

Antes de presentar esta reclamación é conveniente que a/o alumna/o fale coa profesora ou profesor para recibir as oportunas explicacións sobre a nota.

Día 21 de maio de 11:30 a 14:00 horas

Resolución da reclamación presentada. O alumnado recollerá a resolución na secretaría do centro.

Días 24 e 25 de maio, en horario de 9:00 a 14:00 horas

De non estar de acordo coa resolución do departamento, o alumnado poderá solicitar que a dirección remita o expediente de reclamación á Xefatura Territorial, presentando unha nova instancia na oficina do centro.

As reclamacións basearanse nos criterios establecidos na circular 2/2021 (mencionada ao inicio deste oficio).

Os modelos para presentar as reclamacións atópanse na circular 2/2021 e tamén estarán na Administración do Centro.

As reclamacións serán formuladas polo alumnado no caso de ser maiores de idade e polas súas persoas proxenitoras ou persoas que ostenten a representación legal, no caso de ser menores de idade.

A Dirección