CONSELLO ESCOLAR

O Consello Escolar (Lei Organica 2/2006, de 3 de maio)

É un organo a través do cal participan na xestion do centro os distintos membros da comunidade escolar.

Atribucións

a) Aprobar e avaliar os proxectos e as normas ás que se refire o capitulo II do titulo V desta lei.

b) Aprobar e avaliar a programacion xeral anual do centro sen prexuizo das competencias do claustro de profesores, en relación coa planificación e organización docente.

c) Conecer as candidaturas á direción e os proxectos de direción presentados polos candidatos.

d) Participar na selección do director/a do centro nos termos que esta lei establece. Ser informado do nomeamento e do cese dos demais membros do equipo directivo. De ser o caso, logo do acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous terzos, proponer a revogación do nomeamento do director.

e) Decidir sobre a admisión de alumnos con suxeición ao establecido nesta lei e disposicións que a desenvolvan.

f) Conecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar por que se ateñan á normativa vixente.

g) Proponer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a igualdade entre homes e mulleres e a resolucion pacífica de conflitos en todos os ambitos da vida persoal, familiar e social.

h) Promover a conservación e renovación das instalacions e equipo escolar e aprobar a obtención de recursos complementarios de acordo co establecido no artigo 122.3.

i) Fixar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas administracións locais, con outros centros, entidades e organismos.

j) Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacions internas e externas en que participe o centro.

k) Elaborar propostas e informes, por iniciativa propia ou por petición da administración competente, sobre o funcionamento do centro e a mellora da calidade da xestión, así como sobre todos aqueles aspectos relacionados coa súa calidade.

l) Calquera outra que lle sexa atribuida pola administración educativa.

No seo do Consello Escolar existirá unha Comisión Económica integrada polo director, o secretario, un profesor, un alumno e un pai, elixidos por cada un dos sectores (art. 45 e 118 do RO). Esta comision informará ao consello sobre cantas materias de índole económica se lle encomenden (art.44 da LODE).

Existirá, así mesmo, un Observatorio de Convivencia, de acordo co establecido nos artigos 7 do Decreto 85/2007, do 12 de abril, polo que se crea e regula o Observatorio Galego da Convivencia Escolar.

 

A actual composición do Consello Escolar é a seguinte:

Dirección

Laura Fernández López

Xefatura de Estudos:

Esther García Gerbolés

Secretaría

 Sandra Mª Díaz Mouro

Representantes do profesorado:

Luz Ramos López

Xabier Lorenzo Abalde

Ana Santos Vaamonde

Minia Bongiorno

Sandra Mª Díaz Mouro

Eva Pardiñas Fondo

Esperanza López Cordido

Representante das familias:

Eva López Soto

Representante da ANPA:

Patricia Iglesias Millares

Representantes do alumnado: 

Laura Tilve Rodríguez

Sara Molinos Carro

Valeria Torres Lago

Carolina Cambeiro Oijman

Representante do Concello:

Sandy Marie Cebral Gómez