Novidades de primavera na biblioteca

Chegou a primavera á biblioteca; a nova estación ven acompañada de varias novidades bibliográficas que xa podes atopar no espazo de exposición habitual. Narrativa, biografías e ciencias sociais, entre outros xéneros e temáticas, consituen algunhas das incorporacións a biblioteca escolar ao longo de marzo e abril. A que esperas para coñecelas!

A voz insurrecta : María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida / Montse Pena Presas

Galaxia, 2018

Cuberta Escritora, profesora e conferenciante, impulsora de diferentes iniciativas culturais. María Victoria Moreno foi unha muller con facetas moi diversas e cunha capacidade sorprendente para adiantarse ao tempo que lle tocou vivir. Cun estilo áxil, que combina a investigación das fontes co relato biográfico e a análise da obra literaria. Montse Pena achéganos en A voz insurrecta unha biografía en que a vida da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2018 queda reflectida tal cal era: chea de elementos cotiáns mais tamén coas reviravoltas propias dunha novela. A súa procedencia estremeña e a capacidade de asumir o galego como lingua propia, a entrega constante nas aulas e o compromiso adquirido coa literatura infantil e xuvenil galega, aínda incipiente cando comeza a escribir, trazan o singular perfil da muller comprometida que quería deixar “un ronsel de amor, un bo exemplo e un libro que descubra algo a quen o lea”

Materias: 1. Moreno, María Victoria-Biografías

Dispoñible na sección de biografías: B/MOR/pen   

María Victoria Moreno : A muller que durmía pouco e soñaba moito / Fina Casalderrey, Marilar Aleixandre

Galaxia, 2016

Cuberta Este libro é un acto de cariño, no que Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre ofrecen un fermoso retrato de María Victoria Moreno, a escritora, á que está dedicado o 17 de maio de 2018. Iniciada polo relato apaixonante do que sucedía na libraría Xuntanza de Pontevedra, da que era socia María Victoria, esta biografía segue o fío da vida da autora, dende os seus anos difíciles de infancia e formación, até a súa chegada en 1963, a Galicia, onde exerceu como profesora de lingua e literatura. Un relato no que están presentes, a súa paixón polo ensino e polos animais, reflectida en boa parte das súas obras, a súa capacidade para meterse na pel dos personaxes dos libros propios e alleos, até a valente actitude coa que enfrontou o cancro. Un libro, nacido do cariño e admiración por María Victoria, que reconstrúe con emoción toda unha vida de novela dedicada ao amor aos libros e a comunicar o pracer pola lectura en galego.

Materias: 1. Moreno, María Victoria-Biografías

Dispoñible na sección de Biografías: B/MOR/cas

Bonus track / Rosalía Fernández Rial

Galaxia, 2018

Cuberta Ás veces precísase dar todo por perdido para que algo inesperado te sorprenda. Pero sempre hai unha posibilidade para a esperanza. Por iso cómpre esgotar as pistas establecidas se queres que apareza o BONUS TRACK. Xusto nese xiro imprevisto, cando xa parece que non queda nada, nacen os relatos deste libro de Rosalía Fernández Rial: vinte e dous contos tecidos con letras de cancións e derradeiras esperanzas. É importante agardar. As mellores hisorias comezan onde remata a melodía. Resiste. E cando a música repouse, entrará a literatura a bailar.
 
Materia: 1. Relatos

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua galega: GAL-N/FER/bon

La noche más oscura / Ana Alcolea

Anaya, 2016

Cuberta

A Valeria este ano espéranlle unhas vacacións moi especiais, ou polo menos iso é o que di a súa nai, unha auténtica especialista en buscar lugares orixinais para desconectar da rutina. Un lugar solitario e peculiar no norte de Noruega será o elixido, e alí o presente mesturarase co pasado nos soños de Valeria.Unha historia ocorrida durante a ocupación nazi do país, un faro no medio do mar e os ollos de Valeria, como nexo. E así, o que nun principio parecía que sería un verán aburrido, convértese nun verán inesquecible

Materias: 1. Nazismo-Novelas. 2. Viaxes-Novelas. 3. Vacacións-Novelas. 4. Guerra mundial, 1939-1945-Novelas. 5. Noruega-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua castelá: LES-N/ALC/noc

Día da muller no Museo do Pobo Galego : 9 de marzo de 2017 / sel. de textos, Encarna Otero e María Tilve

Museo do Pobo Galego, 2017

Cuberta Escolma de textos históricos sobre a situación social das mulleres galegas, escollidos entre os documentos da biblioteca e a hemeroteca da institución, seleccionados por Encarna Otero e María Tilve.

Materias: 1. Mulleres-Galicia-Historia. 2. Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela)

Dispoñible na sección de Ciencias Sociais: CS-305/MUS/día

Xenia, #Keepcalm / Gemma Pasqual i Escrivà

Anaya, 2016

Cuberta Estás pendente do móbil acotío? Aguantas a respiración ata que tes resposta? Es máis de Twitter, de WhatsApp ou de Instagram?
Xenia non se decide. Mira o móbil como hiptonizada, esperando unha mensaxe de Carlos, mentres a vida complícase: un misterioso amigo virtual, unha moto... e un revoloteo de bolboretas no estómago. A súa lema? # KeepCalm e tuitea un pouco.

Materia: 1. Vida cotiá-Novelas. 2. Adolescencia-Novelas. 3. Relacións persoais-Novelas. 4. Redes sociais-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua castelá: LES-N/PAS/xen

Leonardo e os fontaneiros / María Victoria Moreno

Galaxia, 2017

Cuberta O primeiro é un estudante. O outro é un can que un día aparece por aí. Ao longo do libro ocorren moitas cousas, tanto a Antón como a Leonardo. Quen nolas conta é Antón: as aventuras no colexio, as trasnadas dos rapaces, as rifas dos profes, a amizade con Leonardo. A verdade é que non hai tempo para aburrirse. A Antón incluso lle parece que as cousas ás veces se precipitan un pouco máis. ¿É iso facerse adulto?
Un título clásico,  do que incorporamos un novo exemplar de recente edición, para lembrar a María Victoria Moreno, autora que imos homenaxear no Día das Letras Galegas 2018.

Materias:  1. Escolas-Novelas. 2. Nenos-Novelas. 3. Travesuras-Novelas. 4. Aventuras-Novelas. 5. Relación home-animal-Novelas. 6. Cans-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua galega: GAL-N/MOR/leo

Si esto es un hombre / Primo Levi

Austral, 2017

Cuberta

Este libro, que inaugura a trilogía que Primo Levi dedicou aos campos de exterminio, xurdiu na imaxinación do seu autor durante os días de horror en Auschwitz, cando a principal preocupación dos prisioneiros era que, de sobrevivir, ninguén crería a atrocidade da historia vivida. Os campos de concentración e exterminio, máis que resgardados polas alambradas e os gardas, estivérono pola súa propia monstruosidade, que os facía inconcibibles.

Materias: 1. Levi, Primo. 2. Auschwitz (Polonia, Campo de concentración)-Historia

Dispoñible na sección de Ciencias Sociais: CS-343/LEV/sie

Divinas palabras : tragicomedia de aldea / Ramón del Valle-Inclán

Austral, 2017

Cuberta

No ámbito da súa Galicia natal, poéticamente recreada a través da alquimia do recordo, sitúa Val-Inclán "Divinas palabras" (1919). Escrita con plena liberdade creadora, axuntando unha querencia medieval coas correntes vanguardistas da época, excede os límites do drama para ofrecer un texto de lectura imaxinativa, sensorial e profunda. Unha sucesión de retablos, protagonizados por seres marxinados, nos que a avaricia e a luxuria desencadean a trama: a púgna entre Marica e Mari Gaila pola posesión dun enano lisiado que arrastran por feiras e romarías, e o adulterio desta última cun faranduleiro. Ao final, un halo de piedade cruza a escena, que se pecha coas divinas palabras coas que o sacristán perdoa á súa muller.

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua castelá: LES-T/VAL/div

No sin mi hija / Betty Mahmoody y William Hoffer

Seix Barral, 2010

Cuberta

Esta é unha historia real. O 3 de agosto de 1984, Betty Mahmoody e o seu marido, un medico iraní afincado en Estados Unidos, marchan de vacacións a Teherán coa súa filla Mahtib, de catro anos. Transcorridas dúas semanas, o marido decide establecerse alí e, amparado pola lei iraní, obriga á súa muller a permanecer no país, a menos que acepte separarse da súa filla. Betty, atrapada nunha cultura que lle resulta allea, planea fuxir coa súa pequena a través das montañas de Irán e Turquía.

Materias: 1. Mahmoody, Betty. 2. Mulleres-Irán-Situación social

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua castelá: LES-N/MAH/nos

Convulsión. Partes 1-3 / Laura Gallego García

SM, 2015-17

Cuberta

Volumes 11 ao 13 da colección que adapta a BD a exitosa serie de novelas "Memorias de Idhún" de Laura Gallego. Unha serie que atoparás completa na sección de Banda deseñada da biblioteca escolar.

Materias: 1. Banda deseñada. 2. Aventuras-Cómics. 3. Fantasía-Cómics. 4. Adiviñación-Cómics. 5. Mundos fantásticos-Cómics. 6. Loita entre o ben e o mal-Cómics. 7. Maxia-Cómics

Dispoñible na sección de Banda deseñada: COM/GAL/mem

Verano 1993 [Videogravación] = Estiu 1993 / dirixida por Carla Simón

Cameo : Abalón, 2017

Cuberta

Frida, unha nena de seis anos, afronta o primeiro verán da súa vida coa súa nova familia adoptiva tras a morte da súa nai. Lonxe da súa contorna próxima, en pleno campo, a nena deberá adaptarse á súa nova vida.

Película cinematográfica. Nacionalidade: España, 2017. -- Int.: Laia Artigas, Bruna Cusí, David Verdaguer, Paula Robles, Paula Blanco, Etna Campillo, Jordi Figueras, Dolores Fortis, Titón Frauca, Cristina Matas, Berta Pipó, Quimet Pla, Fermí Reixach, Isabel Rocatti, Montse Sanz, Tere Solà, Josep Torrent. DVD PAL zona 2. Idiomas: V.O. catalán, castelán. Subtít.: castelán, inglés, galego. Para todos os públicos

Materias: 1. Vida cotiá-Películas. 2. Cine dramático-Videogravacións. 3. Cine biográfico-Videogravacións. 4. Cine español-Videogravacións. 5. Nenos-Películas. 6. Superación-Películas. 7. Recordos-Películas. 8. Relación pai-fillo-Películas. 9. Drama-Películas. 10. Adopción-Películas

Dispoñible na sección de Audiovisuais: DV-791/VER

Cortina rasgada [Videogravación] = Torn Curtain / dir. Alfred Hitchcock

Universal Pictures Iberia, 2009

Cuberta

Michael Armstrong é un físico norteamericano que viaxa á República Democrática Alemá con Sarah  Sherman, a súa noiva e secretaria. Unha vez alí decide solicitar asilo político. En realidade, finxiu ser un desertor e traizoar á súa patria co fin de acceder a un prestixioso investigador da Alemaña Oriental, e poder así obter datos sobre unha perigosa tecnoloxía nuclear soviética

Película cinematográfica. Nacionalidade: EE.UU., 1966. -- Int.: Paul Newman, Julie Andrews, Lila Kedrova, Hansjoerg Felmy, Tamara Toumanova, David Opatoshu, Ludwig Donath, Wolfgang Kieling. DVD PAL zona 2. Contido sonoro mono: castelán, inglés, francés, italiano. Subtít.: castelán, portugués, italiano, francés, inglés pra xordos. -- Non recomendada a menores de 18 anos.

Materias: 1. Cine de intriga-Videogravacións. 2. Cine de suspense-Videogravacións. 3. Intriga-Películas. 4. Espías-Películas. 5. Guerra fría-Películas. 6. Científicos-Películas.

Dispoñible na sección de Audiovisuais: DV-791/COR