ENTREGA DE PREMIOS DA COMPETICIÓN DE ROBOTS NA EEI DE VIGO

Este martes 6 de xuño, o profesor da EEI de Vigo, Víctor M. Quintero Feal, visitou o noso centro para facer entrega dunhas cámaras deportivas ao alumnado gañador do primeiro e segundo premio da III Competición de Robots da escola.

No acto, o profesor Quintero felicitou ao alumnado e agradeceu ao centro a súa implicación nesta proposta.

O alumnado amosou o seu interese por participar en vindeiras convocatorias e instou ao profesorado implicado a continuar desenvolvendo este tipo de proxectos.