Novidades novembro

Novembro é o mes do Samaín e os magostos. Tamén un inmellorable momento para pasar os longos e chuviosos seráns outoñales en compaña dunha boa lectura. De seguido, unhas cantas recomendacións que vas a atopar na biblioteca do centro na sección de novidades. 

 

Astérix e os Pictos/ de Goscinny e Uderzo; texto de Jean-Yves Ferri ; debuxos de Didier Conrad

Salvat / Xerais, 2013

 
Astérix e os Pictos  

Os personaxes creados hai 54 anos por Uderzo e Goscinny, regresan da man de novos autores. Na que é a 35 entrega das súas aventuras, os heroes galos viaxan á antiga Escocia.  Alí coñecen os Pictos, nome que os romanos deron aos pobos da antiga Escocia e que, literalmente, significa "os homes pintados".  A historia comeza cando un representante desta tribo chega accidentalmente á aldea dos galos. Trátase de Mac Loch, que foi traizoado polo líder dun clan rival coa intención de facerse co control de todas as tribos pictas. Os galos deciden axudar a Mac Loch a volver á súa terra e xuntos viaxarán ata a afastada Escocia onde descubrirán unha terra de estrañas tradicións e xente amable e onde terán que facer fronte aos plans do pérfido Mac Abeo e os seus aliados, os romanos.

Materia: 1. Banda deseñada. 2. Humor-Cómics. 3. Aventuras-Cómics. 4. Astérix (Personaxe de ficción)-Cómics. 5. Heroes-Cómics

Dispoñible na sección de Banda deseñada: COM/GOS/ast

 

 

A vaca caníbal / Marilar Aleixandre

Galaxia, D.L. 2012

 
A vaca canibal  

A literatura serve para moitas cousas. Tamén para que as vacas poidan reflexionar, contar historias e nós, oílas. E este libro permítenos isto e moito máis. Marilar Aleixandre constrúe un relato divertido, pero tamén crítico, no que imos asistir á aventureira vidas das vacas e ao coñecemento das Vacas exemplares. Cada unha diferente ás outras. Cada unha coas súas vacúas teimas propias.

Materia: 1. Vacas-Novelas. 2. Humor-Novelas.

Dispoñible na sección de Lingua galega e Literatura: GAL-N/ALE/vac

 

 

Lu e Go pola muralla / Antonio Reigosa

Obradoiro, 2010

 
Lu e Go pola muralla  

Lu e Go (un gato e un rato), os nosos protagonistas, encóntranse unha mañá en Porta Miñá, unha das portas da muralla de Lugo, nunha festa literaria. Lu (o gato) comeza a perseguir a Go (rato), e pasan unha serie de aventuras, caen nunha foxa de arqueólogos, raptan a Lu, Go transformase nun neno-rato, etc, etc....

Materia:  1. Tesouros-Novelas. 2. Animais-Novelas. 3. Lugo (Galicia)-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua galega e Literatura: GAL-N/REI/lue

 

Contos estraños: Vol. 3. Vieiros da mañá / Santiago Bergantinhos... et al.

Contos Estraños, D.L. 2012

 
Contos estraños 3  

Historias de fantasía e ciencia ficción recollidos no vol. 3 desta serie que acaba de estrearse na biblioteca.

Contén: Contos: O fedor / Santiago Bergantinhos  Un home sen pulso / Ana García. A fin da inocencia / O Kuruñés. A porta / Daniel A. Sóñora. Instituto de supervivencia / Jacobo Feijóo. As dúas lúas de Asgardh / Héctor Paz. Habelas hainas / María Eijo 'Nulien'. Terror final / Ariel Martínez. A familia do tempo / Jorge Emilio Bóveda Novela: Lía (1ª parte) / David Botana  A cabalgata dos centauros (2ª parte) / Manuel Ángel Gayoso. A revolta dos esfarrapados (2ª parte) / Fernando Pérez Tradución: A raíña da Costa Negra (2ª parte) / Robert Erwin Howard

Materia: 1. Fantasía-Novelas. 2. Ciencia ficción-Novelas. 3. Aventuras-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua galega e Literatura: GAL-N/CON

 

Vía secundaria / An Alfaya

Xerais, 2011

 
Vía secundaria  

Vía secundaria. Na vía secundaria que conduce ao polígono industrial prodúcese un atropelo nun día de choiva. Ese desafortunado incidente marcará un punto de inflexión nas vidas das persoas que participan no suceso até situalas nunha calella con poucas saídas. Nora e Ramón, un matrimonio cada vez máis afastado por mor das súas adicións; Obdulia e o seu pai, Anselmo, que viven na solitaria casa da curva; Hilario, mecánico nun taller do polígono, desconcertado pola súa incapacidade para dar explicacións atinadas sobre os feitos. Vidas en vía secundaria sometidas ás faenas do destino. Vidas anónimas, tecidas por perdedores do noso tempo que agardan polo seu paquete de felicidade. Un relato de vidas cruzadas sobre a soidade e a incomunicación, ese virus silencioso, mais moi estendido, que asolaga os nosos días. Unha emocionante novela coral, escrita e construída con mestría e precisión, capaz de arrebatar o interese dos lectores e lectoras en todos e cada un dos seus capítulos.

Dispoñible na sección de Lingua galega e Literatura: GAL-N/ALF/vía

 

 

A punta de pistola / Fran Alonso

Xerais, 2012

 
Vía secundaria  

A punta de pistola ábrese cunha escena de ritmo trepidante: un delincuente de pouca monta, coñecido como O Varas, e a súa muller, Rica, acoden a un Centro de Acollida Familiar para ver os seus fillos, baixo a tutela dos servizos sociais. Unha vez alí, secuéstranos e lévanos a punta de pistola. Así comeza unha frenética fuxida. Ao tempo, outra historia transcorre en paralelo: a dunha camioneira emprendedora, culta e licenciada, que conduce e escribe nun blog. A camioneira, admiradora da vida da fisterrá Celia Rivas, a primeira muller en conducir un camión, en 1932, supón un contrapunto máis intimista á desenfreada fuxida que protagoniza a parella de secuestradores.Moita acción, planos cinematográficos, novas tecnoloxías, o papel da muller e a desestruturación social, familiar e educativa son algúns dos eixos que vertebran esta novela que está baseada nun feito real e logra atrapar os lectores e lectoras.

Materia: 1. Relacións familiares-Novelas. 2. Viaxes-Novelas. 3. Mulleres-Novelas. 4. Secuestros-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua galega e Literatura: GAL-N/ALO/apu