Novidades maio, 2ª parte

Continuamos coa presentación das novidades que neste mes de maio atoparás na biblioteca escolar do IES de Brión. Agora falamos, entre outros, de libros de ciencias e clásicos da literatura en lingua francesa. 

Resolución de problemas de química general / Christopher J. Willis

Reverté, 1995

 
Resolución de problemas de química general   Este libro sobre a resolución de problemas intenta ser un complemento dos textos elementais de Química. Inclúe a maioría dos temas que se consideran durante o curso académico, e resulta aconsellable tanto para estudar baixo a dirección do profesor, coma para facelo o alumno pola súa propia conta ou cun mínimo de supervisión.

Materia: 1. Química-Problemas, exercicios, etc.

Dispoñible na sección de Ciencias Naturais: CN-54/WIL/res
 

Aunque diga fresas / Andrea Ferrari 

SM, 2011

 
Aunque digas fresas  
Esta historia comeza cunha aposta: Ayelen, unha rapaza arxentina recén chegada a España é testemuña de como dous rapaces da súa clase, un madrileño e outro de Colombia, decidiron intercambiar as súas vidas. O que ao principio comeza como un inocente xogo de roles, remata converténdose en algo perigoso. E é que non é doado ser estranxeiro en España.

Materia: 1. Emigrantes-Novelas. 2. Amizade-Novelas. 3. Racismo-Novelas. 4. Intolerancia-Novelas


Dispoñible na sección de Literatura en lingua castelá LES-N/FER/aun

 

Bonjour tristesse / Françoise Sagan 

Pocket, imp. 2012

 
Bonjour tristesse   Nunha fermosa mansión a beiras do Mediterráneo, Cécile, unha moza de dezasete anos, e o seu pai, viúvo e corentón, pero alegre, frívolo e sedutor como ninguén, amante das relacións amorosas breves e sen consecuencias, viven felices, despreocupados, entregados á vida doada e pracenteira. Non necesitan a ninguén máis, abóndanse a se mesmos nunha ociosa e disipada independencia baseada na complicidade e o respecto mutuo. Un día, a visita de Anne, unha muller intelixente, culta e serena, vén a perturbar aquela deliciosa desorde. Á sombra do piñeiral que rodea a casa e filtra o sol abrasador do verán, un xogo cruel prepárase. Como afastar a ameaza que pende sobre a estraña pero harmónica relación de Cécile co seu pai ? A partir do momento en que Anne, que fora amiga da súa nai, intenta apoderarse da situación, Cécile librará con ela, co perverso maquiavelismo dunha adolescente, unha loita implacable que, a pesar seu, erosionará a súa vida e a conducirá lentamente ao encontro da tristura.

Materia: 1. Lingua francesa-Novelas. 2. Relacións familiares-Novelas. 3. Adolescencia-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua e literatura francesa: LF-N/SAG/bon
 

Le grand Meaulnes / Alain-Fournier

Gallimard, 2009

 
Le grand Meaulnes   Alain Fournier pasou á historia da literatura como o autor dun dos máis deliciosos e poéticos relatos sobre a adolescencia e o seu espírito de aventura: O gran Meaulnes. Apareceu en 1913, o libro obtivo un grande éxito e pronto chegou a considerarse un clásico en Francia e no estranxeiro. Ambientado na gris existencia de provincias, onde os seus personaxes están a soas cos seus sonos de evasión e aventura, a novela debuxa o difícil e apaixonado ingreso da adolescencia nos primeiros rigores da madureza. Adoptando o ton e a cor da elexía simbolista e crepuscular, Alain Fournier serviuse dos seus propios recordos para escribir unha pequena obra mestra transidade bruma melancólica, na cal soubo recrear cun marabilloso poder de evocación a gran forza poética dun mundo marabilloso

Materia: 1. Amor-Novelas. 2. Lingua francesa-Novelas. 3. Amizade-Novelas. 4. Busca da identidade propia-Novelas. 5. Adolescencia-Novelas. 6. Viaxes iniciáticas-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua e literatura francesa: LF-N/ALA/gra
 

Chagrin d'école / Daniel Pennac

Gallimard, 2012

 
Chagrin d'école   "Mal de escola" aborda a cuestión da escola e a educación dende un punto de vista insólito, o dos malos alumnos. Pennac, un pésimo estudante na súa época, estuda esta figura do folclore popular outorgándolle a nobreza que se merece e restituíndolle a carga de angustia e dor que inevitablemente o acompaña. Dende a súa propia experiencia como «parvo» e como profesor durante os vinte e cinco anos que exerceu nun instituto de París, o autor reflexiona acerca da pedagoxía e as disfuncións da institución escolar, sobre a sede de aprendizaxe e a dor de ser un mal estudante, sobre o sentimento de exclusión do alumno e o amor ao ensino do profesor.

Materia: 1. Pennac, Daniel (1944-). 2. Ensino-Francia-S. XX

Dispoñible na sección de Lingua e literatura francesa: LF-37/PEN/cha
 

Zazie dans le métro / Raymond Queneau

Gallimard, 2012

 
Zazie dans le metro   A pequena Zazie vai visitar ao seu tío Gabriel en París. Pouco se imaxina o lector a de cousas que pode deparar esta sinxela e nada memorable anécdota. Unha novela que marcou unha época pola súa linguaxe e a súa frescura, e que deu pé a unha película tamén célebre de Louis Malle.

Materias: 1. Lingua francesa-Novelas. 2. Nenos-Novelas. 3. Relación neno-adulto-Novelas. 4. París-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua e literatura francesa: LF-N/QUE/zaz
 

Le Tour du monde en quatre-vingts jours / Jules Verne

Gallimard, 2012

 
Le Tour du monde en quatre-vingts jours   Corre o ano 1872. O señor Phileas Fogg, un misterioso e solitario cabaleiro inglés, abandonará a súa vida disciplinada para cumprir unha aposta cos membros do Reform Club, na que arriscará unha parte da súa fortuna comprometéndose a dar a volta ao mundo en oitenta días utilizando os medios dispoñibles na época. Acompañarao o seu recén contratado criado, Passepartout, e veranse obrigados a lidar cos atrasos nos medios de transporte, así como coa pertinaz persecución do detective Fix, quen se enrola na aventura á espera dunha orde de arresto por parte da Coroa inglesa, que considera que, antes de partir, Fogg roubou o Banco de Inglaterra. Fogg e Passepartout viaxan a través dos bosques da India a lombos de elefante, descenden polo Ganxes, cruzan o Mar da China meridional en paquebote sorteando un espectacular temporal, e cruzan as chairas nevadas da salvaxe Oeste americano. O inquisitivo Passepartout non cesa de meterse en problemas de todo tipo, mentres que Fogg, ante todo un cabaleiro, non dubida en salvar a vida dunha moza viúva, o que lle podería ter custado a súa fortuna. Un trío que acaba utilizando todo o seu enxeño para volver a Londres. Chegarán a tempo?

Materias: 1. Lingua francesa-Novelas. 2. Viaxes arredor do mundo-Novelas. 3. Apostas-Novelas. 4. Aventuras-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua e literatura francesa: LF-N/VER/tou