Máis novidades no mes de outubro

Axiña remato outubro, un mes no que incorporamos interesantes novidades aos fondos da nosa biblioteca escolar. A continuación, algunhas delas, libros e DVD que xa están a túa disposición. A que esperas, agardan por ti na biblioteca.

Robinson contado polas alimarias / Marilar Aleixandre

Oxford, 2011

 
Robinson contado polas alimarias  
A historia de Robinson Crusoe contouse moitas veces pero nunca desde o punto de vista dos animais que viven na illa. Os animais van pasando a palabra, desde Yaguatirica, o gato montés, que é quen atopa a Robinson, á tartaruga que lle ensina a comer saborosos vermes. Segundo os animais, Robinson, ao que lle chaman "Tinga" pola cor branca, era un inútil que non sobreviviría sen a súa axuda. Todo cambia o día en que chega Taiguara, é dicir "Libre", ao que Robinson se empeña en chamar Venres. 


Materia:  1. Illas-Novelas. 2. Supervivencia-Novelas. 3. Animais-Novelas. 4. Náufragos-Novelas. 5. Relación home-animal-Novelas. 6. Robinson Crusoe (Personaxe de ficción)-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua galega: GAL-N / ALE / rob

 

La vuelta al mundo de un forro polar rojo / Wolfgang Korn 

Siruela,  2012

 
La vuelta al mundo de un forro polar rojo  
O libro mostra o trasfondo e as complexas relacións que hai detrás da globalización, ilustrando dun xeito impresionante a inxustiza que domina no comercio mundial...Sin dúbida, a próxima vez que vaiamos de compras seremos un pouco máis críticos. O autor guíanos na azarosa viaxe dun forro polar por todo o mundo, mostrándonos como a globalización afecta á vida da xente. Dende os ricos de Dubai, ata os pobres de Bangla Desh.

Materia: 1. Globalización


Dispoñible na sección de Filosofía: FL-316 / KOR / vue

 

A medición do mundo / Daniel Kehlmann 

Galaxia, 2006

 
A medición do mundo  
 Contra a fin do século XVIII, dous científicos alemáns emprenden a tarefa de medir ou mundo. Un deles, ou xeógrafo Alexander von Humboldt, logo de partir en barco dende a cidade dá Coruña, ábrese paso pola selva e a estepa, navega polo Orinoco, proba non propio corpo vos efectos dous velenos, métese non interior de covas, escala volcáns, encontra monstros mariños e tópase con antropófagos. Ou outro, ou matemático e astrónomo Carl Friedrich Gauss demostra, sen moverse dá súa casa de Göttingen, que ou espazo é curvo. De lanuxes, xa famosos e tamén unha miguiña excéntricos, encóntranse vos dous non Berlín de 1828. Pero aínda non ben descendeu Gauss do seu coche de cabalos e xa vense ambos os dous e dous enredados non tumulto político que segue á caída de Napoleón.  

Materia: 1. Matemáticas-Novelas. 2. Humor-Novelas. 3. Científicos-Novelas


Dispoñible na sección de Literatura en Lingua galega: GAL-N / KEH / med

 

La elegancia del erizo / Muriel Barbery 

Seix Barral, 2011

 
La elegancia del erizo      No número 7 da rúa Grenelle, un inmoble burgués de París, nada é o que parece. Dous dos seus habitantes esconden un segredo. Renée, a porteira, leva moito tempo finxindo ser unha muller común. Paloma ten doce anos e oculta unha intelixencia extraordinaria. Ambas as dúas levan unha vida solitaria, mentres se esforzan por sobrevivir e vencer a desesperanza. A chegada dun home misterioso ao edificio propiciará o encontro destas dúas almas xemelgas. Xuntas, Renée e Pomba descubrirán a beleza das pequenas cousas. Invocarán a maxia dos praceres efémeros e inventarán un mundo mellor. Este libro é un pequeno tesouro que nos revela como alcanzar a felicidade grazas á amizade, o amor e a arte.

Materia: 1. Amizade-Novelas. 2. Nenos superdotados-Novelas. 3. Sociedade-Novelas. 4. Segredos-Novelas. 5. Arte-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua castelá: LES-N / BAR / ele
 

Gattaca [DVD] / dir. Andrew Niccol

Sony Pictures Home Entertainment, 2008

 
Gattaca  

Película cinematográfica. Nacionalidade: EE.UU., 1997. -- Int.: Ethan Hawke, Uma Thurman, Jude Law, Loren Dean, Alan Arkin, Gore Vidal, Xander Berkeley, Elias Koteas, Ernest Borgnine, Tony Shalhoub, Blair Underwood, Maya Rudolph, Lindsey Ginter, Jayne Brook. -- Sinopse:  Ambientada nunha sociedade futura, na que a maior parte dos nenos son concibidos in vitro e con técnicas de selección xenética. Vincent, un dos últimos nenos concibidos de modo natural, nace cunha deficiencia cardíaca e non lle auguran máis de trinta anos de vida. Considéraselle un inválido e, como tal, está condenado a realizar os traballos máis desagradables. O seu irmán Anton, en cambio, recibiu unha espléndida herdanza xenética que lle garante múltiples oportunidades. Dende neno, Vincent soña con viaxar ao espazo, pero sabe moi ben que nunca será seleccionado. Durante anos exerce toda clase de traballos ata que un día coñece un home que lle proporciona a clave para formar parte da elite: suplantar a Jerome , un deportista que quedou paralítico por culpa dun accidente. Deste modo, Vincent ingresa na Corporación Gattaca, unha industria aeroespacial, que o selecciona para realizar unha misión en Titán. -- Idiomas: castelán, inglés e italiano (5.1); húngaro (DS). Subtít.: castelán, portugués, inglés, italiano, búlgaro, danés, finés, hindú, húngaro, noruego, sueco. -- Aut. para todos os públicos


Materia: 1. Amor-Películas. 2. Crítica social-Películas. 3. Investigación criminal-Películas. 4. Superación-Películas. 5. Ciencia ficción-Películas. 6. Vida futura-Películas. 7. Tecnoloxía-Películas

Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia: DV-791 / GAT

 

El erizo = Le hérisson [DVD] / guión e dirección Mona Achache

Cameo Media, 2010

 
El erizo  

Película cinematográfica. Nacionalidade: Francia, Italia. -- Int.: Josiane Balasko, Garance Le Guillermic, Togo Igawa, Anne Brochet, Ariane Ascaride, Wladimir Yordanoff, Sarah Lepicard, Jean-Luc Porraz, Gisèle Casadesus. -- Sinopse:  Relato do encontro inesperado entre algúns dos habitantes do número 2 da rúa Eugène Manuel, en París: Pomba Josse, unha nena de once anos tremendamente intelixente e cun plan secreto; Renée Michel, porteira discreta e solitaria que baixo a súa aparencia de inculta e arisca oculta en realidade unha personalidade intelixente e cultivada, e o enigmático señor Kakuro Ozu, un xaponés que acaba de mudarse ao edificio... -- Idiomas (5.1): francés, castelán, catalán. Audiodescrición para persoas con discapacidade visual. Subtít.: castelán, castelán para xordos, catalán. -- Non recomendada a menores de 7 anos. -- Inspirada libremente na novela "La elegancia del erizo" de Muriel Barbery

Materias: 1. Cine dramático-Videogravacións. 2. Relacións familiares-Películas. 3. Amizade-Películas. 4. Lectura-Películas. 5. Suicidio-Películas. 6. Segredos-Películas. 7. Relación neno-adulto-Películas


Dispoñible na sección audiovisuais e multimedia: DV-791 / ERI

 

 

Oblómov : novela en cuatro partes / Iván A. Goncharov

Alba,  2012

 
Oblómov   Oblómov é un pequeno terratenente rural que vive afastado das súas posesións en San Petersburgo, consagrado ao exercicio do ocio e a pereza.
Shtolz, o seu amigo, intenta sacalo dese estado, e consegue arrastralo fóra de casa e presentalo a Olga, unha moza da que cre que pode namorarse.  

Dispoñible na sección Literatura en Lingua castelá: LES-N / GON / obl