Maio de libros

Se na última entrada falabamos de cine, agora imos facelo de libros; novidades que xa podes atopar na túa biblioteca escolar. Non o dúbides, maio é un bo mes para ler.

Novela de ajedrez / Stefan Zweig

Acantilado, 2011

 
Novela de ajedrez  
Sen capacidade para calquera outra actividade intelectual, Mirko Czentovicz revelouse, xa dende neno, como un xenio do xadrez, do que chegou a ser campión do mundo. Pero, nunha viaxe en barco de Nova York a Bos Aires, preséntaselle un enigmático contrincante: o señor B., nobre vienés que foxe dos nazis. Un dos pasaxeiros do vapor achégase aos dous personaxes acompañando o lector á confrontación entre os dous xogadores. Se Novela de xadrez nos presenta o choque de dúas naturezas antagónicas, móstranos tamén, e en boa medida, a capacidade de resistencia do ser humano sometido a unha presión extraordinaria. E todo iso cunhas grandes doses de intriga e mestría.  


Materia: 1. Xadrez-Novelas. 2. Viaxes-Novelas. 3. Relacións persoais-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua española e Literatura: LES-N/ZWE/nov

 

Los girasoles ciegos / Alberto Méndez 

RBA,  2009

 
Los girasoles ciegos  
Un capitán do exército de Franco que, o mesmo día da Victoria, renuncia a gañar a guerra; un neno poeta que foxe asustado coa súa compañeira nena embarazada e vive unha historia vertixinosa de madureza e morte no breve prazo duns meses; un preso no cárcere de Porlier que se nega a vivir na impostura para que o verdugo poida ser cualificado de verdugo; por último, un diácono rijoso que enmascara a súa lascivia tras o fascismo apostólico que reclama o sangue purificador do vencido. Son historias dos tempos do silencio, cando daba medo que alguén soubese que sabías. Catro historias, sutilmente engarzadas entre si, contadas dende a mesma linguaxe pero cos estilos propios de narradores distintos que van perfilando a verdadeira protagonista desta narración: a derrota.
Premio Nacional de Literatura 2005, Premio da Crítica 2005, Premio Setenil 2004.

Materia: 1. Postguerra-Relatos. 2. España-Historia-1936-1939 (Guerra Civil)-Relatos

Dispoñible na sección de Lingua española e Literatura: LES-N/MÉN/gir

 

 

Sentimentalismo : antoloxía de referencia : Etapa de Implantación / [selección] Carlos Arias, Mariña Pérez Rei 

Bubela,  2011

 
Sentimentalismo  

Son sete poetas os que toman parte nesta obra: Yolanda Castaño, Xulio Cid Neira, Olalla Cociña, Francisco X. Fernández Naval, Xabier López Marqués, Baldo Ramos e Eva Veiga, nunha antoloxía coordinada polos tamén escritores Carlos Arias e Mariña Pérez Rei.   Pertencen a distintas xeracións, proveñen de diferentes traxectorias pero súmanse agora á antoloxia do Sentimentalismo, que se apresenta como "movemento de vangarda artística galega"

Dispoñible na sección de Lingua galega e Literatura: GAL-P/SEN

 

Castelao na luz e na sombra / Valentin Paz-Andrade 

Edicións do Castro,  1986

 
Castelao na luz e na sçombra   Con motivo da celebración do mes das Nosas Letras, que este ano homenaxea a figura de Valentín Paz-Andrade, a biblioteca incrementou colección bibliográfica do autor con varias das súas obras máis significativas. Como mostra, presentamos unha delas, obra que vira a luz no xa afastado 1982, cando Paz-Andrade xa tiña máis de oitenta anos e despois de anos de traballo entregado a unha investigación minuciosa e chea de rigor co obxectivo xa non só de presentarnos un Castelao o máis completo posible senón, como o mellor historiador faría, aproveitando a figura do rianxeiro para explicarnos unha época e as angueiras vitais de toda unha xeración irrepetible.

Materia: 1. Castelao, Alfonso R-Crítica e interpretación

Dispoñible na sección de Lingua galega e Literatura: GAL/PAZ/cas
 

Revolting Rhymes and Dirty Beasts / Roald Dahl

 
Audiolibro   O xenial Roald Dahl é un dos máis recoñecidos autores de literatura infantil e xuvenil en inglés. Na sección de Lingua inglesa e Literatura da biblioteca contamos con varias obras súas en versión orixinal ás que se une agora este audiolibro con varias historias froito da imaxinación deste escritor imprecindible.

Materia: 1. Contos infantís. 2. Audiolibros

Dispoñible na sección de Lingua iglesa e Literatura (situación: Departamento): DI-CD/82/DAH/rev