Un par de novidades para Tecnoloxía

Comezamos maio con novas incorporacións. Neste caso, dous títulos que enriquecen a sección de Tecnoloxía da nosa biblioteca escolar.

Electrotecnia / José García Trasancos

Paraninfo, 2010

 
Electrotecnia  
Para os alumnos de Bacharelato Tecnolóxico e de Formación Profesional, este libro facilita a aplicación razoable dos coñecementos teóricos á resolución de problemas. 


Materias: 1. Electrotecnia-Prácticas

Dispoñible na sección de Tecnoloxía: TC-621/GAR/ele

 

Ejercicios de Tecnología Industrial II  / José Otero Arias, Javier Maza Gracia

Editorial Donostiarra,  2009

 
Ejercios de tecnología industrial II  
Este caderno consta dunha colección de problemas resoltos, pretendendo ser unha axuda para os alumnos que cursan 2º bacharelato ou, no seu caso, preparan as probas de acceso á universidade. Por iso incluíronse exercicios de probas correspondentes a diversas Comunidades Autónomas. Tamén serve para preparar probas de acceso a ciclos formativos.
Os bloques desenvolvidos comezan cunha introdución teórica, que tan só pretende ser un recordatorio dos conceptos e fórmulas máis importantes que se van aplicar na resolución de exercicios. Esta introdución serve de recordatorio da teoría estudada e á súa vez para que o alumnos acceda de forma rápida a aquelas fórmulas necesarias para a resolución dos exercicios.


Materia: 1. Enxeñería industrial

Dispoñible na sección de Tecnoloxía: TC-62/OTE/eje