Abril, mes do libro a da lectura: Novidades da biblioteca, 1ª parte

"En abril, libros mil" Porque estamos no mes no que se celebran dúas importantes efemérides relacionadas co libro e a lectura: O Día Internacional do Libro Infantil (02 de abril) e o Día Mundial do Libro (23 de abril). Por iso, queremos presentar moitas novidades ao longo do mes. Comezamos por uns títulos imprescindibles chegados esta semana a túa biblioteca.

Fundación / Isaac Asimov

Debolsillo, 2011

 
Fundación  
O home dispersouse por toda a galaxia. A capital do Imperio é Trántor, niño de intrigas e corrupción. Grazas á súa ciencia, fundada no estudo matemático dos feitos históricos e o comportamento das masas, o psicohistoriador Hari Seldon prevé a caída do Imperio e o retorno á barbarie durante varios milenios. Co fin de reducir este período de barbarie a mil anos, Seldon decide crear unha Fundación nun extremo da galaxia.  


Materia: 1. Ciencia ficción-Novelas 2. Vida futura-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua española e Literatura: LES-N/ASI/fun

 

Einstein y las máquinas del tiempo  / Luca Novelli 

Editex,  2007

 
Einstein y las máquinas del tiempo  
Neste libro é o mesmo Einstein quen te acompaña nunha fermosa viaxe. Falarache da súa paixón pola física, os violíns e a paz. Non conseguiu patentar a máquina do tempo, pero sentou as bases para que alguén a constrúa, quizais nun futuro próximo... Luca Novelli naceu en Milán, Italia, en 1947. Escritor e deseñador, ama abordar temas científicos e tecnolóxicos, explicándoos aos nenos e mozos con ilustracións e unha gran dose de humor.


Materia: 1. Einstein, Albert

Dispoñible na sección de Biografías: B/EIN/nov

 

Ensayo sobre la ceguera / José Saramago 

Punto de Lectura,  2008

 
Ensayo sobre la ceguera  
Unha cegueira branca expándese de xeito fulminante. Internados, en corentena ou perdidos pola cidade os cegos deben enfrontarse ao máis primitivo da especie humana: a vontade de sobrevivir a calquera prezo. José Saramago, Premio Nobel de Literatura 1998, tece unha aterradora parábola acerca do ser humano, que encerra o máis sublime e miserable de nós mesmos.   



Dispoñible na sección de Lingua española e Literatura: LES-N/SAR/ens

 

Ensayo sobre la lucidez / José Saramago 

Punto de Lectura,  2010

 
Ensayo sobre la lucidez   Durante as eleccións municipais dunha cidade sen nome, a maioría dos seus habitantes decide individualmente exercer o seu dereito ao voto dun xeito inesperado. O goberno teme que ese xesto revolucionario, capaz de socavar os ciemientos dunha democracia dexenerada, sexa produto dunha conxura anarquista internacional ou de grupos extremistas descoñecidos. As cloaclas do poder póñense en marcha: os culpables teñen que ser eliminados. E se non se achan, invéntase. Os protagonistas desta nova novela de Saramago, un comisario de policía e a muller que conservou a vista na epidemia de luz branca de Ensaio sobre a cegueira, dan mostras da altura moral que os cidadáns anónimos poden alcanzar cando deciden exercer a liberdade.
Fábula, sátira e traxedia pero, sobre todo, unha novela profundamente política. Nunca ninguén contara esta historia, e nunca ninguén o poderá facer despois. A novela da que máis se vai falar este ano, na que Saramago lanza unha chamada de alerta: «Pode suceder que un día
teñamos que preguntarnos Quién asinou isto por min». Ese día pode ser hoxe.


Materia: 1. Crítica social-Novelas. 2. Medios de comunicación-Novelas. 3. Política-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua española e Literatura: LES-N/SAR/ens
 

La casa del silencio / Orhan Pamuk

Random House Mondadori,  2010

 
La Casa del silencio   Considerado a máxima voz da literatura turca, esta novela clásica e renovadora á vez constrúe un gran fresco da historia de Turquía e dos seus acontecementos máis relevantes. Pamuk ofrécenos os cen últimos anos de historia do pobo turco mentres nos fala da busca das raíces, a necesidade do cambio social e o difícil equilibrio entre tradición e influencia occidental.

Materia: 1. Recordos-Novelas. 2. Familia-Novelas. 3. Turquía-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua española e Literatura: LES-N/PAM/cas