Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Febreiro 17, 2009
Start: 17/02/2009 00:30
End: 17/02/2009 14:00

O alumnado de 3º de ESO desplázase ao Auditorio de Galicia ao concerto Jazz Santiago na actividade organizada polo departamento de Música do IES de Brión.

Xoves Febreiro 26, 2009
Start: 26/02/2009 00:35
End: 26/02/2009 14:00

O departamento de Lingua Galega organiza para o alumnado de 1º de ESO unha Rota Rosaliana a Bastavales, Pazo de Lestrove, Casa Museo e Cemiterio de Adina

Mércores Marzo 11, 2009
Start: 11/03/2009 00:35

Obra de teatro en inglés "Daily news", organizada polo departamento de inglés do IES de Brión para 2º da ESO gupos A, B e C

Xoves Marzo 12, 2009
Start: 12/03/2009 10:25
End: 12/03/2009 11:15

O xeólogo Francisco Anguita impartirá a conferencia "Marte e a terra" na sala de usos múltiples do IES de Brión para o alumnado de 4º da ESO de Bioloxía e Xeoloxía e o alumnado de 1º de Bacharelato de Bioloxía.

Francisco Anguita foi profesor da Universidade Complutense de Madrid durante moitos anos, así como profesor invitado en Universidades como a de Zaragoza e outras en México e Arxentina. Experto en Vulcanoloxía, Historia da Terra e Xeoloxía Planetaria. Interesado tamén na docencia; fundou a AEPECT (Asociación Española Para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra) que conta con máis de 1000 socios en España, Portugal e Latinoamérica.

Ten numerosos libros publicados entre os que destacaremos: “Biografía de la Tierra”, “Historia de Marte: mito, exploración y futuro” e “Crónicas del Sistema Solar” que son de carácter divulgativo, ademais de outros que son verdadeiros tratados científicos; tamén publicou numerosos artigos de investigación e participou en expedicións naturalistas.

Máis información:

http://mas-alla-de-somosaguas.blogspot.com/2008/10/divulgadores-excepcionales-francisco.html

http://www.enciga.org/congreso/2004/curriculum_vitae_Anguita_Virella_Francisco.pdf

http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/publico/entrevista_anguita.htm

http://climantica.org/climanticaTV/es/entry/20081216

Venres Marzo 13, 2009
Start: 13/03/2009 00:45
End: 13/03/2009 18:00

Os departamentos de Música e Ética do IES de Brión  organizan a saída ao Pazo de Ópera da Coruña para o alumnado de 4º da ESO.

Ensaios da Sinfónica:

Mendelssohn: Sinfonía nº5 "da reforma", para o tricentenario da Reforma Luterana.

Moure: "Admonitum" Estrea absoluta

Luns Marzo 16, 2009
Start: 16/03/2009 11:39
End: 16/03/2009 14:00

O alumnado de 1º da ESO asistirá á proxeción da película "El niño de Marte" na Casa da Cultura de Bertamiráns dentro do programa Cinenesino, organizado polo departamento de Orientación

Martes Marzo 17, 2009
Start: 17/03/2009 00:30
End: 17/03/2009 18:00

O departamento de Música organiza a saída ao concerto didáctico "O paxaro de Lume" de Stravinsky, versión Fernando Palacios para o alumnado de 3º de ESO de Música

Mércores Marzo 18, 2009
Start: 18/03/2009 00:00
End: 18/03/2009 12:30

Visita ás instalacións da CRTVG organizada polo departamento de Lingua Galega para 1º de Bacharelato

Start: 18/03/2009 10:30
End: 18/03/2009 14:00

Asistencia á representación no Teatro Principal da obra "Entremeses" de Cervantes para alumnado de 3º de ESO gupos A, B, C e PDC, organizada polo departamento de Lingua Castelá.

Distribuir contido