Extraescolares outros cursos

O pasado mércores 20 de xaneiro, o alumnado dos colexios de Quintela, Tirán e Domaio e dos IES Paralaia e As Barxas asistiu á representación da obra "O Espantallo Amigo" de Xosé Neira Vilas organizado pola Editorial Galaxia en colaboración co Concello de Moaña. 
A representación correu a cargo da compañía de teatro Os Quinquilláns e tivo unha grande acollida.

O alumnado participou nesta actividade despois de haber feito a lectura da obra.

 

FESTIVAL DE NADAL

O venres 18 de decembro, celebramos no instituto o festival de Nadal, amenizado polos alumnos e alumnas de Música e coa colaboración dos profes Aurora e Seso.

Aquí vai un dos momentos estelares, a actuación do cuarteto de saxos.

 

 

 

25 de Novembro, Contra a violencia de xénero

Non morreron, foron asasinadas. Mergullémonos nun Remuiño Violeta para acabar co terrorismo machista. Porque queremos mulleres libres, persoas libres. Porque nos queremos vivas.

https://www.youtube.com/channel/UCGOS3a7yV4mnBKPAhZuyfRg

 

 

 

 

 

Distribuir contido