DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Extraescolares outros cursos

Sumérxete nun universo de fantasía e creatividade da man dos nosos xóvenes autores. No seu percorrido polas páxinas de "As Barxas escribe 2014-15", encontrarás aventuras, sentimentos, diversión, arte e moita ilusión. Descarga a  versión dixital, déixate levar e redescubre o placer da lectura.

 

 

Esta semana o alumnado de 2º ESO asistiu a un encontro literario con Fina Casalderrey, autora dun dos libros que leron neste trimestre: A Pomba e o Degolado.  Grazas ó achegamento da autora e ó seu carácter dialogante puideron facerlle preguntas sobre o libro e mesmo levar unha fermosa dedicatoria ós seus fogares.

Parabéns Fina.

 

 

 

O próximo mércores 10 de xuño, ás 18:00 horas, terá lugar a presentación do libro "Barxilón no mar de latón". Libro creado dentro do proxecto "Creación dunha editorial". O acto desenvolveráse no salón de actos do Centro e ademáis dunha introducción sobre o desenrolo do proxecto, presentaráse o libro, a súa web e  unha obra de teatro sobre Barxilón a cargo do IES Sánchez Cantón.  A entrada do salón de actos, así como o hall contarán con exposicións, xogos e outro material que esperamos vos gusten. Contamos coa vosa asistencia.

 

 

 

O mércores 20 as 9,00 h saímos do instituto cara a Laxe onde comezamos  a primeira das etapas que nos levarían a percorrer parte da Costa da Morte.  Este día camiñamos os 15 km que separan Laxe de Camelle visitando o faro de Laxe, a praia dos cristais, as praias de Soesto e Traba ata finalizar no pobo de Camelle onde visitamos o museo de Man. Dende Camelle o autobús levounos ata Muxía onde visitamos o santuario da Virxe da Barca.

O xoves 21 fixemos  a segunda etapa, 18 km entre o pobo de Arou e o faro Vilán. Visitamos a duna de Monte Branco, a Praia do Trece e o Cemiterio dos ingleses rematando  a camiñata no faro Vilán, onde Cristina a fareira nos contou historias de 45 anos  de experiencia no faro.

A noite no cámping transcurriu entre chourizos a brasa e a observación astronómica feita grazas a colaboración do observatorio astronómico Ramón Aller.

Para o último día deixamos a subida ao  monte Pindo e a visita a fervenza do Xallas. Catro horas de ruta que se fixeron un pouco longas, entre outras cousas, debido a que a falla de sono non axuda moito nestes menesteres.

 Trala comida collemos o bus a e as seis da tarde chegamos a Moaña a tempo para asistir o acto de graduación dos alumnos de 2º de bacharelato.

 

 

 

 

Un ano mais se celebrou no salón de actos do noso Centro, repleto de familiares e amigos dos homenaxeados, a tradicional cerimonia de graduación dos alumnos de 2º Bacharelato.

Ademáis dunhas palabras do director, dos propios alumnos e dun representante da ANPA, proxectouse un vídeo-resumo do seu paso polo Centro: actividades nas que participaron, anécdotas, .... O vídeo foi creado polos propios alumnos. Logo recolleron de mans dos seus profesores a orla e o diploma, así como un pin co logo do Instituto. E finalmente foron os profesores os que recibiron un pequeno agasallo personalizado de mans dos alumnos. Unha emotiva xornada que rematou cunhs pinchos no hall e posterior cea nun restaurante moañés. 

 

 

 

Distribuir contido