DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Extraescolares outros cursos

 

O xoves, 31 de marzo, tivemos no centro a actuación de Quico Cadaval, gran contador de historias e profesional do mundo do teatro  para o alumnado de 1º e 2º de Bach e para 3º ESO A e B.

 

Á actuación tamén asistiu a alcaldesa acompañada doutros membros da corporación municipal. A actividade foi organizada polas Equipas de Normalización de As Barxas e do Paralaia e o Concello de Moaña.
Sempre con moito humor descubriunos os valores negativos que se agochan nos contos infantis máis tradicionais e a continuación relatou unha historia, de terror e amor a un tempo, cun final moi misterioso. O alumnado gozou coa vivacidade coa que empregou o galego o noso convidado. Posteriormente alumnos do proxecto Erasmus + realizáronlle unha entrevista.

 

 

 

 

 

Con motivo da celebración do día internacional da muller, no noso centro temos unha exposición de frases referentes a esta data, así como a posibilidade de visualizar hologramas adicados a Maruja Mallo e feitos polos alumnos de plástica, guiados pola nosa compañeira Luz Beloso.

 

E para completar esta celebración, aquí vos deixamos un poema doutra compañeira, Iria Collazo:

 

Es as veas do río e seu o asombro reflectido das pólas que demoucas. Es o verde que procura a túa auga para nacer. Es o óleo de sangue callado na cunca das mans, en liñas humildes que marcan o destino do noso alimento. Es a mañá eterna en que te ergues e o labirinto poboado de bestas antigas en que procuras o camiño á escola. Es o liño en que mallas. Es a cor da derrota. Es a rede en que es presa. Es a la que te ispe. Es o insecto que tornas. Es a cova en que te agochas. E es a orixe do riso, a lingua que di os contos, a discreción do pranto, a dignidade na sombra. O tronco de todos os carballos. Os ósos. O van. Es unha muller. Es eu. Es nós.
 

 

 

 

 

Con motivo de adicar unha semana ao MAR, durante estos dias temos unha exposición de Gerardo Fernández, que leva por título ‘Pescando a lapis’, e que está formada por varias láminas de especies das capturas de baixura e artesanais de Galicia e que se verá completada, o luns 22, coa charla do doutor e investigador do CSIC de Vigo, Alexandre Alonso Fernández, que falará sobre as pesquerías artesanais de Galicia.

Ademáis, o venres 19, teremos unha charla titulada "Da pesca ás traiñas" , na que intervirán Victor Gallego de Mardefondo producion e Henrique Gil, veterán remeiro. Tamén ese día, os alumnos de 1ºESO  visitarán o Instituto Español de Oceanografía, situado en Cabo Estai.

 

 

 

 

O pasado mércores 24 de febreiro, dia que conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro, o noso centro, e aproveitando a hora de lectura dese mesmo día, participou na difusión nas redes sociais "mobilizarosalia" cunha estrofa dun poema da escritora, ademais de visionar varias curtas feitas polo noso alumnado e que teñen a Rosalía como protagonista.

Tamén o noso centro, representado polas alumnas María Piñeiro e Lucía Parcero, participou en Cangas nun acto de homenaxe coa marabillosa lectura que fixeron dos seus poemas.

 

 

 

 

O pasado venres, 5 de febreiro, celebramos nas Barxas o festival do entroido. Durante a mañá poidemos degustar diferentes postres típicos destas datas que fixeron os alumnos de 4º ESO para recadar fondos para a súa viaxe de fin de curso. E por suposto, tivemos as actuacións das comparsas de practicamente dodos os cursos, incluida tamén a comparsa dos profes.

Os gañadores das diferentes categorías foron 1º ESO A, 4ª ESO C e 1º BACH. B.

 

 

 

Distribuir contido