DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Curso 20-21

DIVERSIDADE LGTB E EDUCACIÓN

Enviado por Anónimo o Mér, 23/06/2021 - 12:43

Orgullosxs do compañeiro Denís Vicente, que falou o día 22 sobre diversidade LGBT e educación no Concello de Moaña coa Rede Educativa de Apoio LGBT de Galicia.

VISITA DO CLUB DE CIENCIAS Á SERRA DO SUÍDO

Enviado por Anónimo o Mér, 23/06/2021 - 12:38

Como colofón a un curso de intenso traballo, o alumnado do Club de Ciencias realizou unha excursión á Serra do Suído onde visitaron a Cidade do Alén, o Foxo de Lobos do Chan de Anduriñas, o coto de Eiras e asistiron a unha charla sobre a xestión do monte. Parabéns!

ROTEIRO ROMÁNICO EN MOAÑA

Enviado por Anónimo o Mér, 23/06/2021 - 12:36

Aquí podedes ver algunhas fotos do noso roteiro sobre o Románico en Moaña realizado en colaboración co Concello de Moaña polo alumnado de 2° ESO C, D e E. Moitas grazas aos historiadores Jacinto Piñeiro e Manuel Uxío García Barreiro.

ROTEIRO O ÚLTIMO BARCO

Enviado por Anónimo o Mér, 23/06/2021 - 12:33

Moitas grazas ao guía Alexandre e ao Concello de Moaña por permitirnos ver os lugares polos que transcorre a trama do libro de Domingo Villar _O último barco_. Foi unha actividade pensada para 1° Bacharelato.

ROTEIRO POR RIALDARCA

Enviado por Anónimo o Mér, 23/06/2021 - 12:31

O pasado luns, parte do alumnado de 1° da ESO pasouno en grande nun roteiro por Rialdarca, do que vos deixamos algunhas fotiños

Distribuir contido