Bioloxía e Xeoloxía

MEMBROS DO DEPARTAMENTO CIENCIAS

  • Carlos Chapela
  • Raúl Rodríguez
  • Francisco Torrado

VISITA DO CLUB DE CIENCIAS Á SERRA DO SUÍDO

Como colofón a un curso de intenso traballo, o alumnado do Club de Ciencias realizou unha excursión á Serra do Suído onde visitaron a Cidade do Alén, o Foxo de Lobos do Chan de Anduriñas, o coto de Eiras e asistiron a unha charla sobre a xestión do monte. Parabéns!

FOTOGRAFÍAS DE LUIS OGANDO

Temos a honra de contar coas fotografías de Luis Ogando sobre aves de Moaña na nosa exposición do Club de Ciencias. Aquí vai unha pequena mostra.

O BACHARELATO STEM NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

O 2 de xuño sae no Faro de Vigo a noticia sobre o proxecto de investigación centrado nos Ecosistemas da Ría de Vigo do noso Bacharelato de excelencia STEM.

O bosue animado sae no Faro de Vigo

O 31 de maio, no Faro, aparece a noticia sobre o traballo de fototrampeo do proxecto do Club de Ciencias "O bosque animado"

VOTACIÓN GALICIENCIA "O BOSQUE ANIMADO"

Bo día

Desde o IES As Barxas solicitamos a vosa colaboración para que votedes con cinco estreliñas o noso proxecto "O bosque animado", en que o alumnado traballou moito durante todo o ano, dirixido polos profesores Fran Torrado e Raúl Rodríguez. Aquí vai o enlace:

https://www.galiciencia.online/es/2021/proyectos/08-o-bosque-animado-estudo-da-fauna-salvaxe-de-moana/152006/

 

Moitas grazas!

ÚLTIMA CAMIÑATA DO CLUB DE CIENCIAS NO 2020

Algunhas fotos da espectacular última camiñata do ano do Club de Ciencias. Unha marabilla!

CLUB DE CIENCIAS

Cuarta saída do Club de Ciencias. Moito entusiasmo, bugallos, tollemerendas, tritóns, raposos, xabaríns, plumas, fungos e carballos.

CHARLA SOBRE EXOPLANETAS

Agora mesmo, no I Ciclo de Conferencias Científicas Aida Fernández Ríos organizadas pola Deputación de Pontevedra e impartidas pola catedrática de Astronomía Minia Manteiga Otero, baixo o título "Exoplanetas, o reto da procura da vida máis aló do sistema solar"

O BOSQUE ANIMADO (2ª SAÍDA)

Segunda visita ao Bosque Animado, esta vez cun grupo de 1° da ESO e os profes Fran e Raúl. Moi boa tarde en moi boa compañía.

Saftas.Erasmus+

Audiovisual Barxas

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer