DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Extraescolares outros cursos

Este venres, 17 de abril, os alumnos de 4º ESO e 1º Bacharelato, realizaron unha visita a Vigo, combinando producción industrial, comercio internacional e arte (ver máis).

 Os alumnos de plástica de 4º ESO visitaron C.A.GRÁFICA S.A. de Mos. Os alumnos realizaron unha visita á instalacións da empresa e aprenderon todo o relativo ao proceso de impresión dun libro.

 Mentras os de 4º visitaban a imprenta, os alumnos de 1º Bachillerato de Economía e TICs, realizaron unha visita guiada ao porto de Vigo. O percorrido inclueu o Porto Pesqueiro do Berbés, o Porto Comercial de Guixar, e o Porto de Bouzas.

Posteriormente, ambos grupos se dirixiron á rúa Abeleira Ménendez para visitar a fantástica exposición de fotografía ao aire libre "VIGO SONRÍE", un proxecto de 65 fotos realizadas polo premiado fotógrafo Javier Teniente, na que mostra a cidadans vigueses sonreindo co  fin de animar aos seus veciños. (ver máis)

 

 

A través do Taller de Iniciativas Emprendedoras, tivo lugar, o luns 13 de abril, na biblioteca do Centro unha sesión de AIRPLANET, un taller de educación medioambiental promovido por Boeing e Air Europa a través da ONG Cooperación Internacional. Nel participaron un total de 60 alumnos de 3º ESO e 1º bachillerato. Dende aquí, agradecerlles a atención que tiveron con nós ofertandonos gratuitamente a actividade así como o material didáctico utilizado e que podedes consultar no seguinte enderezo.  (Máis información)

 

 

 

Os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato do Centro asistiron, como ven sendo habitual, ás Xornadas de Orientación que se celebraron en Cangas os días 25 e 25 de marzo.

 

 

 

 

Un ano mais, alumnos de 1º Bacharelato de AS BARXAS realizaron unha visita á cidade de Londres. Acompañados de Bea, Ugo e Manolo Rúa, trinta alumnos tiveron ocasión de percorrer os lugares mais emblemáticos da capital británica disfrutando de lugares como Hyde Park, Westminter, Big Ben, London Eye ou Camden. Houbo as visitas imprescindibles aos museos da National Gallery, Natural History Museum, Science Museum, Tate Modern e - por suposto - ó British Museum. Viron a Tower of London de noite e tiveron tempo tamén para o shopping correspondente. En Greenwich aprenderon  Astronomía da man de Ugo mentras facían a famosa foto no Prime Meridian. En definitiva, unhas xornadas agotadoras ao tempo que enriquecedoras. Mais tempo que houbera...Non faltou a cita tamén co musical. Mamma Mia, que ben o pasaron!!

 

 

 

Os alumnos do Club de Lectura e Teatro, acompañados por Paco e Elisa viaxan ata Pontevedra o día 26 de Marzo.

Fan unha parada en Bueu para visitar o Museo Massó. Un video de presentación sobre a conserveira, e visita guiada: sala con incunables, cartas orixinais, mapas, atlas, astrolabios, sextantes, octantes e bitácoras, mascaróns de proa e maquetas de navíos. Outras salas coa maquinaria para as conservas, autoclave, deseños, ferramentas, fotos de época; e unha última da caza de baleas con arpóns, canóns, boia de sinalización, barbas e vértebras

No Salón do Libro Infantil e Xuvenil, representación teatral "Tecnomaxia", e visita guiada: clon, cores e iridescencia e caleidoscopios, Newton e a gravidade, nomes cos símbolos dos elementos, e figuracións sobre contos infantís.

 

 

 

Distribuir contido