Skip to Content

Actividades culturais

RadioClic!, as novas ondas do instituto

O 9 de xaneiro de 2024, a maioría do alumnado de ESO 2º e 4º, así como de bac 2º, asistiu a unha actividade de formación impartida por Xavier Ramos Vieiro, profesor de Imaxe e son, e mais o seu alumnado, dentro dun novo programa de innovación en que participa o instituto: Radio na biblio. Aquí temos un vídeo feito pola profesora María José Nieto Calviño:

 

 

O alumnado de ESO 1º na biblioteca Ánxel Casal

O 10 de xaneiro de 2024, o alumnado de ESO 1ºA visitou a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, onde fixo unha visita guiada e aprendeu a atopar os libros, a pedilos prestados e a devolvelos. Os grupos de ESO 1ºB e C farán esta mesma visita nos meses de febreiro e marzo.

I Premio BREVITER de microrrelatos

O instituto convoca o I Premio BREVITER de microrrelatos. As obras poden presentarse até o 1 de marzo de 2024. As bases están no arquivo anexo.

 

O alumnado de ESO 1º na libraría Couceiro

O 13 de decembro de 2023, o alumnado de ESO 1ºA visitou a libraría Couceiro, onde coñeceu a historia e a organización da libraría e asistiu a un obradoiro sobre encadernación. Os grupos de ESO 1ºB e C farán esta mesma visita no mes de xaneiro de 2024.

O alumnado de ESO 1º nunha exposición sobre pop art

O 13 de decembro de 2023, o alumnado de ESO 1ºA visitou unha exposición sobre pop art en Afundación. Os grupos de ESO 1ºB e C farán esta mesma visita no mes de xaneiro de 2024.

Entrega certificados Camões

 

 

Concerto de Xoán Curiel integrado no proxecto "Cantigas e murais para o coñecemento do Reino de Galicia"

Ante un numeroso auditorio tivo lugar o concerto de Xoán Curiel integrado no proxecto "Cantigas e murais para o coñecemento do Reino de Galicia" que contan co apoio de Cultura da Deputación da Coruña a través do “Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia 2023”.
Curiel estivo acompañado á harpa de Bleuen Le Friec. Participaron varias alumnas do centro; Candela Moure e Rosalía Bello tocaron a pandeireta; e Lía, Success e Marina Mayor no acompañamento vocal en algún dos temas.
Grazas a Xoán e a Bleuen por esta magnífica oportunidade de achegarnos a un dos nosos patrimonios culturais máis sublimes.
Grazas tamén ao profesorado e alumnado do CM de VideoDiscJockey e Son pola súa aportación a nivel técnico.

Conversa co fotoxornalista Gabriel Tizón

Nestes tempos convulsos nos que a verdade é incapaz de atopar morada concreta, precisamos respostas que nos axuden a interpretar unha realidade cada vez máis complexa.Gabriel Tizón (Ferrol, 1973) é un fotógrafo documental que estivo traballando en máis de sesenta países, contando coa súa cámara conflitos bélicos, migracións forzadas ou crises medioambientais. A mirada de Tizón céntrase arredor dos seres humanos e nas consecuencias das súas obras.

 

Conmemoración do Día Europeo das Linguas

Na tarde do pasado martes, un grupo de 11 alumnas e alumnos do noso centro participaron nun recital no Museo das Peregrinacións para conmemorar o Día Europeo das Linguas.

Presentación da novela "Poder non é querer" da nosa exalumna Noela Rivas Cantelar

 

Comprácenos convidar a toda a comunidade educativa do IES  Arcebispo Xelmírez I á presentación da novela Poder non é querer da nosa exalumna Noela Rivas Cantelar, publicada por Galaxia. O acto terá lugar o vindeiro xoves, día 28 de setembro, ás 18 horas na nosa biblioteca. 

Distribuir contido


by Dr. Radut