Skip to Content

FOL

Charlas de Orientación Persoal e Profesional

 

Durante o curso 2023-2024 o alumnado de 4ª da ESO matriculado na asignatura de FOPP recibiu unha serie de charlas de orientación persoal e profesional. 

Tendo en conta o interese do alumnado matriculado este curso, buscouse a persoas que voluntaria e desinteresadamente viñeron a contarlles as súas experiencias académicas e profesionais.

Estas sesións foron todo un éxito entre o alumnado, e esperamos poder seguir contando coa colaboración de persoas tan preparadas nas futuras edicións

Dende o departamente queremos expresar o noso agradecemento a todos eles:

Xacobe Barreiro

Inés Montero

Noa García Amado

David Amazo

 

Charlas Finanzas para Mortais

Dende o Departamente de FOL impulsamos este curso varias charlas para o alumnado de Formación e Orientación Persoal e Profesional (FOPP).

 

Dentro do programa Eduemprende, participamos no Programa denominado Finanzas para Mortais. Bernard Burgos, director dunha sucursal do Banco Santander, veu dous días ao noso centro e deunos información moi importante para poder ser cidadáns funcionais á hora de relacionarnos cos bancos. Tamén se tratou da importancia da protección de datos, especialmente para evitar o fraude neste ámbito.

O noso agradecemento a todas as persoas que o fixeron posible

 

 

Concurso de Coñecementos Financeiros do programa Finanzas Para Todos

 

O mércores 8 de maio ás 10:30h hora peninsular española un equipo formado por 6 estudantes de 4º da ESO participou no concurso de coñecementos financeiros do Programa Finanzas para Todos, promovido polo Banco de España e a CNMV. 

A participación do centro nesta actividade e neste programa foi impulsada polo Departamento de FOL, e fíxose en colaboración con profesores doutros departamentos.

Aquí podedes velos en plena acción. Unha experiencia diferente nunha competición onde se presentan centros de todo o Estado.

Desexámoslles moita sorte!

 

 

Premio con motivo da Global Money Week

Con motivo da Global Money Week, o alumnado de 4º ESO grupo C matriculado na asignatura Proxecto Competencial participou nun concurso promovido polo programa Finanzas para todos do Banco de España e da CMNV.

Foron seleccionados como unos dos 10 gañadores entre todos os participantes de toda España. Estamos á espera de recibir o premio e compartilo entre os participantes no obradoiro. Parabens!

Sesión práctica de Primeiros Auxilios

 

O pasado xoves 11/04 o alumnado do módulo de FOL do Ciclo Medio de Video DJ e Son, tanto o alumnado de ordinario coma o alumnado de modular, recibiron 2 sesións prácticas sobre Primeiros Auxilios impartidas por formadoras de Protección Civil de Santiago de Compostela.

O noso agradecemento a Protección Civil por colaborar na formación do noso alumnado nesta materia, algo que é tan importante para todos e todas.

Global Money Week

A iniciativa da xefa do departamento de Formación e Orientación Laboral (FOL), Paloma Gómez Moares, este curso o alumnado do IES Arcebispo Xelmírez I participa en varios programas nunha aposta por mellorar a cultura financeira do alumnado do centro. Algúns destes programas encádranse dentro do Plan Eduemprende da Xunta de Galicia (Segura-Mente e Finanzas para mortais), e outros a maiores fóra deste plan, coma Finanzas para todos e Pon tu dinero a salvo. Disto benefíciase a totalidad do alumnado, pero moi especialmente aquel no que este departamento ten na actualidade docencia directa: Ciclos Formativos e 4º ESO.

A Global Money Week é unha campaña anual mundial de concienciación sobre a importanza de que as persoas novas adquiran nocións financieiras. Este ano celebrouse do 18 ao 24 de marzo. A pasada semana realizáronse varias actividades no centro con este obxectivo, entre elas unha sesion dentro da iniciativa De Econo-mía a Econo-tuya de Afundación-ABANCA: un obradoiro do alumnado de Ciclos Formativos con don Ramón Mariño Pérez, director territorial de ABANCA, encontro que captou o interese da prensa.

 

 

 

Programacións Curso 2023-2024

Ciclos Formativos:

FOL Modular

FOL Ordinario

EIE Ordinario

 

ESO:

FOPP

Distribuir contido


by Dr. Radut