Skip to Content

Global Money Week

A iniciativa da xefa do departamento de Formación e Orientación Laboral (FOL), Paloma Gómez Moares, este curso o alumnado do IES Arcebispo Xelmírez I participa en varios programas nunha aposta por mellorar a cultura financeira do alumnado do centro. Algúns destes programas encádranse dentro do Plan Eduemprende da Xunta de Galicia (Segura-Mente e Finanzas para mortais), e outros a maiores fóra deste plan, coma Finanzas para todos e Pon tu dinero a salvo. Disto benefíciase a totalidad do alumnado, pero moi especialmente aquel no que este departamento ten na actualidade docencia directa: Ciclos Formativos e 4º ESO.

A Global Money Week é unha campaña anual mundial de concienciación sobre a importanza de que as persoas novas adquiran nocións financieiras. Este ano celebrouse do 18 ao 24 de marzo. A pasada semana realizáronse varias actividades no centro con este obxectivo, entre elas unha sesion dentro da iniciativa De Econo-mía a Econo-tuya de Afundación-ABANCA: un obradoiro do alumnado de Ciclos Formativos con don Ramón Mariño Pérez, director territorial de ABANCA, encontro que captou o interese da prensa.

 

 

 



story | by Dr. Radut