Skip to Content

5º Infantil

Máis actividades....

Hola!!!!

Soy Luca de 5º B, estas son algunas de las actividades que hacemos: juegos caseros, puzzles, colorear personajes de cuento y manualidades.

Os mandamos un abrazo y un beso enorme a todos los compis del cole!!! Mucho ánimo a todos!!!

Canción: Quedo na casa...!!! por Irati e familia

Ola:

Hoxe Irati quixo inventar unha canción. Ao preguntarlle sobre que tema dixo que “sobre o confinamento”.

Primeiro escribiu no folio cousas que quería que aparecesen na canción:


Logo papá inventou unha música e encaixamos unha letra:

Quedo na casa. Non podo ir
ao meu colexio, eu quedo aquí.
Quedo na casa. Non podo ver
nenos e nenas amigos meus.

Podo pintar, podo xogar
e coa familia moito tempo vou estar.
Podo facer coas miñas mans
cousas fermosas que colgamos na ventá.

Podo cantar, podo mandar
moitas mensaxes á familia por whatsapp
Podo agardar que acabe xa
e que moi pronto nos volvamos a xuntar.

Logo só quedaba gravala e así o fixemos. Mandámosvos a canción adxunta (REPRODUCIR)

Moito ánimo e moitos bicos.

 

Día da Poesía e do Teatro

Mariña (5º B) segue poñendo en práctica as súas dotes de artista.

Remata o mes de marzo, o mes da poesía, da árbore e do teatro, polo que quere compartir con todos/as algunhas das propostas feitas por Librín no blog da Biblioteca.

En familia, plantamos fabas e lentellas, xa ao comezo de marzo, polo que podemos ver as plantas; fixemos un espantallo con material de refugallo, escoitando a canción de Migallas; construímos títeres de papel e un pequeno teatro cunha caixa de cartón.

Como gozamos facendo cousas xuntos! 

 

Tamén nos manda uns vídeos que podedes ver aquí:

- Día da Poesía (PINCHA AQUÍ)

- Día do Teatro (PINCHA AQUÍ)

 

Xa queda menos, coidádevos!!!!

Ola a todos e a todas!! Son Valentina de 5º A. Aquí vos ensino algún debuxo e algunha manualidade que fixen estes días. Espero que vos guste. Tárdame que comece o cole para volver a vervos a todos e a todas. Un bico moi grande. Xa queda menos. Coidadevos!!!

Bicos Tenrura

Lucas de 5º B tamén nos manda un dos seus traballiños, un fermoso lapiseiro para gardar todos os seus útiles para pintar. Mirade que ben lle veu para pintar ese debuxo tan chulo.

Tamén nos manda unha mensaxe moi especial, escoitade, escoitade (pincha aquí)

Moito ánimo!!!

Antía Eiroa (5ºA) mándanos estes debuxos para darnos moitos ánimos a todos e todas. Tamén nos quere ensinar uns animais feitos con masa de sal.

 

Moito ánimo para vos tamén!!!

 

Animais con refugallo

Ola, son Hugo de 5º A!!!!

Aquí vos mando algúns dos traballos que estuvemos a facer: un verme feito con cartón de ovos e un león con melena de spaguetti. Tamén tuvemos clase de costura na que fixemos un títere cun calcetín vello, jaja... Pasámolo pipa contando historias

Saúdos para todos

 

 

 

 

Construír, crear... realidades

Así pasa o tempo Nerea, e pintando con rotuladores. Estáselle facendo longo o tempo na casa e pregunta se se vai poder saír algún día...

Seguro que si, Nerea. Cando nos deamos conta xa estamos todos xuntos no cole compartindo, outra vez, moitas experiencias

 

 

Esculturas con materiais cotiás

Hola a tod@s!: 
 
Bruno (5º B) ocupa estos días haciendo alguna ficha, puzzles, un poco de gimnasia, jugando mucho, viendo la tele y haciendo esculturas... os mando su última creación. 
Pero aunque sabe que hay que quedarse en casa y lo lleva bastante bien, tiene ganas de volver a estar con tod@s vosotros, sobre todo con sus compañeros. 
 
Besos y ánimo, q ya queda menos
 
 
Nos tamén te botamos de menos :)

Masa caseira de sal para modelar (Ángel 5º A)

Na tarde de hoxe Ángel conseguiu acabar o seu porquiño, onte preparamos a masa de sal na casa e demoslle color para logo traballar con ela o q se lle ocurra a este terremoto que moito lle custa estar entretenido¡

Moitas grazas a Mariña e Rocío por mandarnos a canción completa....asi podemos aprendela todos!
Un saúdo
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut