Skip to Content

BIBLIOTECA ESCOLAR - mochilas viaxeiras

A nosa biblioteca estase a poñer en marcha un novo curso, paseniño comenzamos, ainda que moitas das actividades serán dun xeito novo por mor das circunstancias que estamos a vivir. Asemade estamos en proceso de moitos cambios xa que participamos no proxecto piloto de Bibliotecas Escolares da Consellería chamado KOHA, que esperamos nos axude a mellorar, xunto coa boa nova que vimos de recibir ao ser seleccionados para formar parte  da proposta de BIBLIOTECA CREATIVA:
"iniciativa destinada a apoiar a cultura da experimentación, a creación e a investigación en espazos creativos e cooperativos no seo da biblioteca escolar".

En primeiro lugar sairán as MOCHILAS  VIAXEIRAS, por iso todas  aquelas familias que desexedes participar debedes cumplimentar o impreso que se adxunta e facerllo chegar as titoras polos medios habituais : correo electrónico, na mochila da nena/neno ( avisando a vosa filla ou fillo de que llo entregue a titora). Si tedes algún problema para descargar o impreso contactade coa titora correspondiente.

Agardamos que o contido desta mochilas axude na educación das vosas fillas e fillos, asemade  que podades compartir un tempo agradable e féliz.

Esperamos que vos animedes, este curso temos dúas mochilas por aula para facilitar a cuarentena das mesmas e do seu contido.

 

AdxuntoTamaño
mochilas familias.odt19.67 KB


story | by Dr. Radut