Skip to Content

San Lourenzo

DOCUMENTACIÓN 2º TRIMESTRE

SAÍDA Á CONTORNA

Grazas a que a primavera chegou e o bo tempo con esta nova estación, decidimos facer unha saída polo noso contorno máis próximo.

Para aproveitar este entorno fabuloso que temos, e que está tan pretiño da nosa escola, como estamos inmersos no proxecto dos animais do bosque, decidimos facer estas saídas que tanto nos gustan, acompañados como non de Naturizo e Rabuñosín.

Fixámonos moi ben nos diferentes animaliños que puidemos observar xoaniñas, bolboretas, arañas, o son dos paxariños, descubrimos algunha madrigueira dentro dalgunha árbore, estivemos en busca dunha madrigueira que algúns coñecían e dicían que era dun raposo, desfrutamos dos charcos coas botas de auga, merendamos o aire libre, collimos margaridas, cartuchos, fentos, anís...

Ademais, co motivo de que o 21 de Marzo e o “Día dos bosques” e o 22 e o “Día da Árbore” observamos o cambio que sofren as árbores nestes momentos, que cambios  e diferenzas atopamos en comparación coa coa estación do inverno.

INSTALACIÓN DE PAPEL

Dentro das instalacións xurden experiencias onde os nenos e as nenas circulan entre o real e o imaxinario”.

Estes escenarios lúdicos constitúen unha nova modalidade de xogo, diferente aos talleres, xogo en recunchos ou xogo libre con recursos. Son espazos creados con sinxelos e diversos elementos para a “acción-transformación” por parte dos cativos.

Nesta ocasión realizamos unha instalación de papel hixiénico, onde os nenos e nenas desfrutaron tirando, cortando, lanzando o papel, facendo de momias, creando un restaurante co seus manteis e servilletas, piscinas de papel, chuvia de neve, tirarse encima, envolver as cadeiras, empregar os cartóns como brazaletes, convertímonos en robots...

Finalmente, para concluír esta instalación, fixemos unha montaña xigante onde nos deitamos, tapamos os ollos para relaxarnos e notamos a nosa respiración....e por último, decidimos decorar os cartóns, onde cada un decorou como máis lle gustou.

 

Entroido

É tempo de Entroido, de festa, de máscaras, de filloas, de orellas…

Este ano, aínda que sexa moi diferente os demais, adaptámonos a este

momento desfrutando con esta instalación de ENTROIDO.

 E que pasa cando se xuntan leóns, piratas, monos, ratos, coellos,

papeluchos,tigres, gorros, anteollos, colares...pois que hai festa

asegurada!!!

Foi un día moi divertido e significativo para os cativos, onde eles SEMPRE

son os protagonistas deste tipo de actividades.

 

PINTAMOS CON PINTURA CONXELADA!

Coa chegada da nova estación do inverno, decidimos facer un taller sensorial empregando pintura conxelada. Ademais, de traballar a experiencia artística, engadimos unha sensación sensorial: o frío!!

Esta actividade, é perfecta para experimentar  coas mezclas de cores, o cambio do estado da auga, primeiro de líquido a sólido e mentres íamos pintando de sólido a líquido.

Neste tipo de actividades os cativos, manipulan, experimentan, dando solta a súa creatividade

Pasámolo xenial e foi unha experiencia única (como podedes observar comezamos collendo cos paos pero finalmente rematamos empregando dedos, mans...)

DOCUMENTACIÓN 1ºER TRIMESTRE

INSTALACIÓN DE CAIXAS

Por segunda vez neste curso, seguimos coa nosa segunda instalación. Neste caso a instalación consistía no emprego e uso de caixas, caixas de diferentes tamaños, formas, pezas de cartón, xornais…

Seguindo a un autor como é Javier Abad “as instalacións con obxectos sinxelos e atractivos pódense configurar para a acción- transformación por parte dos cativos”. Neste caso as caixas de San Lourenzo convertíronse en avións, agasallos, casiñas, casiñas de cans, camas, meteoritos, casiña de King Kong….

Con este tipo de actividades promoveranse accións de imitación, transformación simbólica, exploración…

 

CONVERTÍMONOS EN CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS

Esta semana fixemos un experimento na aula, na que empregamos vinagre, xabón, colorante e bicarbonato.

Que gran expectación e como desfrutamos con esta actividade…que pasará? Algunas das hipóteses foron as seguintes

Explotará o vaso?

Romperá o teito da aula?

Convertirase o profe Antonio en rato ou en león?

Non pasará nada…

Facer experimentos é a mellor forma de aproximar os cativos á ciencia. A través da ciencia poderán comprender o mundo que lles rodea, e sobre todo despertará a curiosidade e empezarán a interesarse sobre o por qué ocurren as diferentes reaccións que están vendo ante os seus ollos.

Distribuir contido


by Dr. Radut