Skip to Content

Actividades biblio

A BIBLIOTECA DE RABUÑOSO EN TWITTER

Consulta as actividades da biblio, así como novidades, avisos, axenda cultural... no noso Twitter:  https://twitter.com/cra_meis

A COUSA DA FRAGA

CON ESTE VIDEO DO NOSO RABUÑOSO E O SEU NOVO AMIGO COMEZAMOS O PDI SOBRE OS ANIMAIS

POSTAIS DE NADAL 2020 PARA RABUÑOSO E MÁXICA

Máxica e Rabuñoso quedaron tan impresionados coas postais de Nadal que lles mandastes, que quixeron que as colgaramos nas paredes da biblioteca, para que todo o mundo que vaia poida apreciar as vosas obras de arte. Vide velas á volta das vacacións! Grazas aos nenos e ás nenas do CRA, e tamén ás familias! Aquí vos deixamos algunhas fotiños:

 

Lembrade que no noso PINTEREST podedes ver os libros novos que se van mercando para a biblio, e outros moitos máis que xa temos de antes. Tamén os libros para nais e pais, que as familias poden levar en préstamo para casa. 

E non esquezades que tamén temos TWITTER!

Bo nadal!!

POSTAIS DE NADAL

Hai uns anos, os nenos e as nenas do CRA deseñaron na casa unhas postais chulísimas para felicitar o Nadal e o Aninovo a Rabuñoso. Mirade que bonitas quedaran:

Este curso queremos retomar esta actividade tan fermosa. Para iso levades unha cartolina branca que podedes dobrar en forma de postal ou deixala enteira, e debuxar nela, pintar, decorar como vos guste, recortar, pegar... E deixar unha mensaxe para Rabuñoso, ou tamén para Máxica, para os vosos compañeiros e profes...

Despois expoñeremos todas as postais na biblioteca, para que as poidades ver cada vez que vaiades coller contos os mércores pola tarde (16:00-18:00).

Bo Nadal a todo o alumnado e familias do CRA de Meis!!

FUME, unha curta colaborativa de Magosto

 

Fume é unha curta colaborativa argallada para crear un relato entre tódalas escolas do CRA, co fin ultimo de poder celebrar o Magosto todos xuntos este ano, como viña sendo habitual, e na que non podía faltar unha adaptación teatral dalgún dos nosos contos favoritos! Desta volta con Rabuñoso e Máxica como protagonistas e co noso alumnado como peza fundamental na resolución da trama.

Este Magosto quixemos homenaxear a aqueles contos que representamos en anos pasados (A bruxa regañadentes, A figueira de Pelos Tortos, O Papón, Corre, corre cabaciña...) tan significativos para as nosas nenas e nenos do CRA.

PSICO NA CASA: OS XOGOS OLÍMPICOS

NOS SEGUINTES VIDEOS ATOPAREDES A SERIE DOS XOGOS OLÍMPICOS FEITA POLO ALUMNADO DE XUNTANZAS XUNTO CAS DIFERENTES PROPOSTAS DE PSICO NA CASA, RELACIONADAS CON CADA EPISODIO.  NON DEIXEDES DE MOVERVOS!

 

AS AVENTURAS DE RABUÑOSO E MÁXICA NOS XOGOS OLÍMPICOS: EPISODIO 1

EPISODIO 2: RABUÑOSO E A NATACIÓN:

- ACTIVIDADE NATACIÓN NO SALÓN:

 

-  ACTIVIDADE DE ATENCIÓN PLENA:

 

EPISODIO 3: A ESCALADA

 

- ACTIVIDADE DE IOGA:

 

 

EPISODIO 4: UN MAREO ARTÍSTICO

- ACTIVIDADE DE XIMNASIA RÍTMICA:

 

EPISODIO 5: A FINAL

 

Exper-i-ciencia

A nosa biblioteca non é só un espazo onde poder ler e levar libros, é un laboratorio creativo de aprendizaxes onde experimentamos, investigamos e debatimos e dialogamos. Un espazo aberto onde recibimos a persoas con moito que contar, coma Susana Calvo, científica do CSIC que veu ao noso Maker Espace de Paradela acompañada dos seus fascinantes bechos como parte do proxecto Exper-i-ciencia.

AS AVENTURAS DE MÁXICA E RABUÑOSO NOS XOGOS OLÍMPICOS TOKIO

Rabuñoso e Máxica son os fantásticos gatos do CRA de Meis cos que vivimos centos de aventuras ao longo do curso. Desta volta lévannos ao Xapón onde viviremos unha aventura olímpica.

Distribuir contido


by Dr. Radut