Skip to Content

Avisos

HORARIOS INICIO DE CURSO

Horarios de inicio de curso:
⚠️ As reunión das escolas de O MARCO, SAN VICENTE E SAN MARTIÑO vémonos na obriga de adialas para o MARTES DÍA 12 ÁS 17:30 h. xa que aínda non foi asignada titora para estas aulas ⚠️

Horario de atención durante xullo

LISTAXE DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2023/24

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2023-2024, comunícase que TÓDALAS SOLICITUDES RESULTARON ADMITIDAS

A LISTA DO ALUMNADO ADMITIDO PODERASE CONSULTAR NA SEDE DO CRA CON CITA PREVIA NO TELÉFONO 886.15.13.90

Resultado de imaxes para lista

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Un ano máis abrimos as portas das nosas escolas a tódalas familias que queirades coñecer o noso colexio.

Amais, todas aquelas familias que teñades crizanzas nacidas no ano 2021 e que están en idade de matricularse para iniciar 4º de infantil o vindeiro curso, ou aquelas aínda non escolarizadas, tedes a oportunidade de coñecer os espazos, recursos e ao profesorado das escolas, que vos explicarán dende a nosa metodoloxía a calquera cuestión ou dúbida que necesitedes resolver. Agardámosvos!

Informar que o período de admisión de matrículas será do 1 ao 20 de marzo.

VACANTES PARA O CURSO 2024/25

RABUÑOSO NO ENTROIDO RIBEIRAO

Rabuñoso invítanos a facer unha nova investigación dende o Entroido Ribeirao, onde están a celebrar o domingo lambedoiro: Como celebrarían o Entroido os nosos maiores aquí en Meis? Mandádenos vídeos ou audios contándonolo, mandádenos fotos, facede debuxos... ou mellor aínda, animádevos a vir a Rabu Radio contárnolo! Agardamos as vosas historias!

https://www.youtube.com/watch?v=X8lHOglJoO0

OS MANDATOS DE RABUÑOSO

ESTAMOS NO ENTROIDO! A VINDEIRA SEMANA COMEZAMOS COS MANDATOS DE RABUÑOSO!

Distribuir contido


by Dr. Radut