Skip to Content

Avisos

PROPOSTAS DE TRABALLO (semana 23 de marzo)


 

RETO: CREA O TEU CORONAVIRUS

ÚNESTE Á LOITA? 

Nestes días de corentena, invádennos un montón de  pensamentos e emocións, ás veces confusos, se isto nos ocorre ós adultos, como non lles vai pasar ós nosos cativos e cativas. 

Esta proposta vai encamiñada a canalizar o medo que poidan estar a sentir os nosos nenos e nenas, pola situación actual. 

Animádesvos a elaborar o voso coronavirus? Podedes facelo co material que teñades pola casa, non saiades a mercar nada! Mesmo se tedes eira, podedes facelo con elementos naturais que atopedes. 

Sacádelle unha foto, onde non saiades vós, enviádella á titora e logo DESTRÚEO! Libera a carga acumulada estes días pola situación que estamos a vivir!

 

 

PROPOSTAS DE TRABALLO (semana 16 de marzo)

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

No CRA de Meis coidamos, xogamos, sentimos, aprendemos, comunicamos, expresamos...!
Vide a coñecer as nosas escolas e o noso xeito de vivir unha educación activa, emocional, cooperativa, vivencial... dende e para o rural.
O 27 de febreiro: XORNADA DE PORTAS ABERTAS!
                 PERIODO DE RESERVA DE PRAZA DURANTE O MES DE MARZO

COMEZO DO CURSO 2019-20

Comezamos o novo curso o vindeiro mércores día 11 en horario de 10 a 12 cunha xornada na que as familias estades convidadas a acompañarnos!

PLAN MADRUGA

INFORMAMOS QUE ATA O COMEZO DE CURSO PODEDES ACHEGARVOS AO CONCELLO PARA INSCRIBIR AOS VOSOS FILLOS E FILLAS NO PLAN MADRUGA.

PARA INSCRIBIRVOS PRECISADES CUBRIR NO CONCELLO A FICHA DE INSCRICIÓN E ACHEGAR OS SEGUINTES DOCUMENTOS PARA COTEXAR:

- Fotocopia do DNI do pai e da nai.

- Fotocopia do DNI do neno (ou libro de familia).

- Xustificante actual de ocupación laboral do pai e da nai ou do titor/a.

- Fotocopia do IBAN bancario.

- Se os pais están separados ou divorciados, documentación que o xustifique para entregar só a documentación do que conviva co neno/a.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

 

Lembrarvos que a aula de acollida estará na escola de Paradela. Para informarvos sobre os custos e condicións do servizo, por favor preguntar no concello de Meis. De igual forma no colexio estaremos encantados de poder atender as vosas consultas e suxerencias (634 518 028).

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Queredes saber como é unha escola rural? Queredes descubrir como son as nosas aulas? Queredes coñecer ás vosas futuras mestras e compañeiros?
O vindeiro martes día 12 de xuño, as escolas do CRA de Meis abren as súas portas para vós! Rabuñoso agárdavos!
 

COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2017/18

O CURSO ESCOLAR COMEZARÁ O

DÍA 11 DE SETEMBRO EN

HORARIO DE 10:00 A 12:00

PARA TÓDOLOS NENOS E NENAS DO CRA.

 

BENVIDOS E BENVIDAS UN ANO MÁIS!!! ESPERÁMOSVOS!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut