Skip to Content

RESERVA A TÚA PRAZA PARA O CURSO 2021/22

 

ENTREVISTA A XELA ARIAS

Atopamos un vello VHS na biblioteca de Rabuñoso, unha entrevista a XELA ARIAS! Mais mágoa, o video estaba estropeado e só puidemos ver algunhas pequenas partes.

Por sorte, grazas o traballo de investigación dos nenos e nenas de 6º e grazas a Máxica, que puido reconstruír o video no seu laboratorio cos cachiños de entrevista que había en cada escola, agora podemos desfrutar da entrevista ao completo e coñecer máis aspectos da súa vida e obra.

 

https://youtu.be/NZsYtKFySK8

 

(Graciñas á nosa "Xela" por prestarse a este enredo).

Reunión informativa Alumnado Novo

Documentación Alumnado Primaria

RR#12 - Miña abuela Manuela e outros éxitos!

Miña abuela Manuela entra directamente na lista de éxitos de Rabu Radio! Carla, Román e Valle analizan o éxito desta e outras cancións dos Migallas, que arrasan no CRA de Meis!

https://go.ivoox.com/rf/70941212

 

RR#11 - Migallas e moreas

Daniela, Nico e Tomás fálannos de Migallas e doutra morea de cousas asombrosas!

https://go.ivoox.com/rf/70940465

RR#10 - Debullando Migallas

Ero, Labit, Martina e Omar debullan conto a conto, cantiga a cantiga e adiviña a adiviña a actuación de Migallas nas nosas aulas!

https://go.ivoox.com/rf/70939340

RR#9 - UNS AMIGOS MOI PECULIARES

Capitán Calabrote, Naturizo ou Rabuñoso son algunhas das estrañas amizades das nenas e nenos desta escola. Escoitade a Liam e Mariña contarnos a aventuras e desventuras destas fabulosas personaxes.

https://go.ivoox.com/rf/70901137

Distribuir contido


by Dr. Radut