Skip to Content

San Lourenzo

O ESQUEMA CORPORAL

Esta semana realizamos un taller de arte relacionado co “Esquema Corporal”. Así nesta actividade, convertímonos en auténticos artistas empregamos un caballetes moi peculiares, onde demos renda solta a nosa creatividade, debuxando as diferentes partes do noso corpo.

Na estapa de Educación Infantil é moi importante a  adquisición do esquema corporal, dado que é a base para adquirir os diferentes aprendizaxes.

Na aula traballamos este aspecto, con diferentes actividades psicomotrices, sensoriais, con cancións motoras, brain gym… en definitiva con actividades de xogo, movemento, coordinación, equilibrios…

SAÍDA Ó EXTERIOR

Aproveitando a nosa contorna próxima, saímos ó exterior para facer unha pequena saída. Nesta saída,observamos o estado do regato, as árbores, os bichiños, a paisaxe do outono....

Hai que ter en conta que educar na natureza, xa sexa de forma permanente ou combinada, ten importantes beneficios para o desenvolvemento, o benestar e a saúde dos cativos. 

Grazas a este entorno privilexiado que temos, permanecer na natureza permite un aprendizaxe directo e autónomo. A abundancia de espazo e material non estructurado invita a indagación, a exploración e a experimentación.

“MOVERSE Ó AIRE LIBRE, NUN ENTORNO NON PREPARADO PERO SEGURO, É UN PRECURSOR DE SAÚDE E FORTALEZA FÍSICA”.

Así, esta saída será unha das moitas que realizaremos este ano.

SAMAÍN

PARA COMEZAR O SAMAÍN TIVEMOS UNHA EXPERIENCIA TERRORÍFICA CUNHA GRAN INSTALACIÓN!!

ESTA INSTALACIÓN ESTABA CHEA DE ARAÑAS, PANTASMAS, BRUXAS, ESQUELETOS!!!

VOLTAMOS AO COLE!!!

POR FIN DESPOIS DE TANTO TEMPO PUIDEMOS VOLTAR AO COLE!!!! 

CANTAS GANAS TÍÑAMOS DE VERNOS, XOGAR, BAILAR, ESTAR COS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS, FALAR, ENREDAR NO PATIO.....

ACTIVIDADES 21 DE MAIO


                                                                                                

LOLO. UN COELLO DIFERENTE


 

DOCUMENTACIÓN 2º TRIMESTRE

PROVOCACIÓN CON LUZ NEGRA

SEGUIMOS EXPERIMENTANDO!!! NESTE CASO TOCOU EMPREGAR A LUZ NEGRA.

PRIMEIRAMENTE PINTAMOS CON PINTURA BRANCA EN PAPEL BRANCO PERO NON PASABA NADA....PERO CANDO APAGAMOS A LUZ SORPRESA!!! SEGUIDAMENTE COS ROTULAS FOSFORITOS PUIDEMOS PINTAR A OSCURAS E COMO BRILLABAN!!!

PARA FINALIZAR A SESIÓN, FIXEMOS UN PEQUENO BAILE CON ELEMENTOS FOSFORITOS, VAIA RITMO TEÑEN OS NENOS E NENAS DE SAN LOURENZO!!

FOI UNHA EXPERIENCIA SUPER CHULA!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut