O outono chegou, e con el chegaron moitos elementos e froitos do outono a clase: follas, piñas, paus, millo, granadas, mandarinas, cabazas, noces, landras, castañas…
Deste modo, grazas ao acercamento a natureza e o uso de elementos naturais, aproveitaremos estes recursos, xa que son fontes inagotables de estímulos que respetan e favorecen o desenvolvemento saudable dos cativos. Pasar tempo na natureza, favorece e reforza os seus procesos de aprendizaxe, experimentación, vocabulario, sensacións….
Así, neste taller “artisteamos co outono”. Nun primeiro momento empregamos os elementos do outono a modo de “pincel”, decoramos as follas, as cabazas pero unha vez que experimentábamos máis e máis as mans foron o centro de interese desfrutando da textura da témpera.