Skip to Content

BENVIDOS O CURSO

BENVIDOS  O CURSO 2019/ 2020 ¡¡

TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA QUEREMOS DARVOS A BENVIDA A ESTE NOVO CURSO.

 O HORARIO DE INICIO DAS CLASES SERÁ O SEGUINTE:

MÉRCORES 11 DE SETEMBRO DE 9:15 ATA AS 14:15 HORAS PARA OS NENOS XA ESCOLARIZADOS NO CENTRO ( DENDE 5º DE INFANTIL ATA 2º DE PRIMARIA).

MÉRCORES 11 DE SETEMBRO DE 10:00 ATA AS 12:00 HORAS PARA OS NENOS DE NOVA INCORPORACIÓN ( 4º DE INFANTIL).

 

 ASÍ MESMO PARA OS PAIS E NAIS DE 4º DE INFANTIL TERÁN UNHA REUNIÓN INFORMATIVA DAS NORMAS E DO PERIODO DE ADAPTACIÓN O VENRES 6 DE SETEMBRO AS 10:30 HORAS NA BIBLIOTECA DE SAN PAIO.

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

No DOG do día 20 de maio de 2019 publícase a Orde do 3 de maio de 2019, pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20.

Enlace ao DOG

Enlace a solicitude

Enlace ao manual de usuario

Enlace á Sede Electrónica da Xunta de Galicia

 

REMATA O PRAZO O 21 DE XUÑO DE 2019

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2019-20

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2019-20

 

PRAZAS PROVISIONAIS VACANTES CURSO 2019-2020

 

Escola de S.Paio

Escola de S.Cristovo Escola de Francelos
4º E.I. 6 6 6
5º E.I. 4 7 4
6º E.I. 2 7 2
1º E.P. 3 10 3
2º E.P. 3 10 3

En San Paio, a 28 de febreiro de 2019

A directora

 

 

Mª Cruz Estévez Iglesias

PRAZOS DE ESCOLARIZACION 2019-2020

Reserva de praza nos centros adscritos (CEIP Plurilingüe Ribadavia) do 1 ao 15/2 (aa.ii.)
Publicación de normativa e prazas 28/02
Proceso de admisión do 1 ao 20/03 (aa.ii)
Prazo entrega de documentación (só centros que bareman) do 25/03 ao 05 de abril
Exposición de listado provisional de admitidos e non admitidos 24/04
Prazo de reclamación do 25/04 ao 02/05
Exposición de listas definitivas de admitidos e non admitidos 14 de maio
Período de matrícula do 20 ao 30 de xuño
Matrícula en E.I. e E.P.  

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019-20

Segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o 1 de marzo, inícianse os trámites do procedemento para a admisión do alumnado.

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS:

  • O prazo para presentación de solicitudes de Admisión de Alumnado para o curso 2019-2020 é do 1 ao 20 de marzo.
  • O alumnado matriculado no centro ten garantida a súa permanencia nel.
  • O alumnado que solicite praza nun centro distinto, deberá comunicar a renuncia a praza do noso centro.
  • A solicitude de praza será única, e terá carácter vinculante. Deberá entregarse no centro que se solicite en primeiro lugar.
  • As solicitudes deberán estar asinadas por ambos proxenitores, sendo este requisito imprescindible no caso de familias separadas ou divorciadas.
  • A solicitude tamén se pode presentar a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado): solicitudes - admisión - crear solicitude de admisión

  Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es /admisionalumnado) utilizando o código da solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

Publícanse o formulario de solicitudes e a propia orde:

- Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG)

- Anexo II: Formularios de admisión e matrícula

Video Promocional do C.R.A. Amencer

Estas Buscando escola para @s nen@s? mira mais aló e #ELIXEAMENCER

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

COLEXIO RURAL AGRUPADO AMENCER

 

VEN A VISITARNOS DURANTE TODO O MES DE FEBREIRO

EN HORARIO DE 12:00 A 12:30

ÁS ESCOLAS DE FRANCELOS, SAN PAIO E SAN CRISTOVO

NIVEIS EDUCATIVOS: 2º CICLO ED.INFANTIL (4º, 5º e 6º) e 1º e 2º de ED. PRIMARIA

HORARIO: XORNADA CONTINUA DE 9:15 A 14:15 H

PROXECTOS nos que estamos enrolados: NUBE, PLAMBE (bibliotecas escolares), PROGRAMA EDILINGÜE (plástica en inglés), VOZ NATURA (horto escolar), PLAN PROXECTA (deporte escolar), Froita na escola, ROBÓTICA,...

Grupos reducidos e atención individualizada, aprendizaxe lúdico e activo, iniciación e traballo coas novas tecnoloxías, traballo por proxectos...

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/craamencer

http://www.edu.xunta.gal/centros/craamencer/blogdebiblioteca

http://www.edu.xunta.gal/centros/craamencer/blogdecarrilana

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN (CURSO 2019-20)

Segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, dende o 1 de febreiro, inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición.

O alumn@ que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición (neste caso, CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA) deberá presentar o ANEXO I no CRA Amencer de Ribadavia antes do 15 de febreiro.

A solicitude tamén se pode presentar a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado): solicitudes - solicitudes de reserva - crear solicitude de reserva

Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código da solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

Lémbrase tamén que o alumnado que faga esta reserva no centro adscrito, non poderá presentar solicitude de matrícula en calquera outro centro.

 

Publícanse os formularios de solicitudes e a propia orde:

- Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG)

- Anexo I: Reserva de praza

Distribuir contido


by Dr. Radut