Skip to Content

Escola de San Paio

Viaxe ao reino da emocións.

Dentro do proxecto Viaxe ao reino das emocións, que estamos traballando no cole, hoxe coñecimos a Draco. Escoitamos o conto, escenificamos e representamos nun lugar tan fermoso e motivante como é a nosa carballeira. Aquí tódolos estímulos son posibles, por iso, aproveitamos ao máximo as nosas distintas formas de expresión.

 

A nosa entrevista en Telemiño!

SOMOS NOTICIA!

Estes días fixemos moito traballo sobre os medios de comunicación, falamos cun xornalista para contarlle o noso problema sobre o lixo que atopamos na contorna da escola e tamen veu a televisión para facernos unha entrevista. 

Circuíto educación vial na pista de San Paio

Trouxemos as bicis e os patíns a clase. Baixamos a pista e fixemos un circuíto de educación vial: aprendemos a ir pola dereita, respetar os pasos de peóns, xirar nas rotondas,... así que xa estamos preparados para ir en bici pola rúa.

Parabéns Marco

Celebramos o cumple do noso amigo Marco que nos agasallou cunhas bolsiñas que nos gustaron moito. Grazas Marco.

Axudamos os operarios do Concello

Unha mañá ao entrar na aula escoitamos que fóra algo estaba pasando. Os operarios do Concello estaba a podar os setos e sen dubidalo saímos para ver como traballaban e tamen nos deixaron axudarlles.

Así medraron as sementes.

Así de sorprendidos quedamos ao ver cómo medraran as nosas sementes durante as vacacións. Observamos, medimos e comparamos unhas coas outras para rematar escribindo no calendario os resultados obtidos.

 

SEGUNDO TRIMESTRE REMATADO

NA PROCURA DA PITA DE CHOCOLATE!

DÍA DA POESÍA: " QUE TRISTE ESTÁ EL OSO POLAR"

Distribuir contido


by Dr. Radut