O alumnado do CRA Amencer que cambie de centro educativo no curso 21-22 e vaia continuar a súa escolarización no centro adscrito (CEIP de Ribadavia) ten que realizar a solicitude de reserva de praza. O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
O impreso de solicitude pode recollerse nas escolas do CRA ou descargarse (está publicado como adxunto a esta nova). Haberá que entregalo na escola de referencia do/a alumno/a.
Este procedemento tamén poderá facerse na aplicación Admisionalumnado.
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849