Estimadas familias
O profesorado do C.R.A. Amencer queremos darvos a benvida a este novo curso 2020/21.
Sabemos das vosas preocupacións, dúbidas e inquedanzas e por iso queremos transmitirvos que para nós o máis importante e a saúde e o benestar das vosas fillas e fillos e niso estamos traballando. Tomando como base o Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID 19 publicado pola Consellería de Educación na que estamos traballando na súa adaptación á nosa realidade, con medidas específicas de tipo organizativo, pedagóxico e preventivo, para que este curso se poida desenvolver coas máximas garantías.
Nos próximos días daremos a coñecer este Plan de Adaptación xunto con outras instruccións. A continuación mostrase o horario das reunións onde recibiredes a información máis detallada de cada aula e podedes plantexar as vosas dudas que vos poidan xurdir.
Agradecemos, coma sempre, a confianza que depositades en nós e pedimos a vosa colaboración unha vez máis para esta andaina.
As datas e horas para cada escola quedan reflectidas na seguinte táboa:
ESCOLA
|
DÍA
|
HORA
|
Escola de SAN CRISTOVO
|
07/09/2020
|
10:00
|
Escola de FRANCELOS
|
07/09/2020
|
11:15
|
Escola de SAN PAIO
|
07/09/2020
|
12:15
|
|
|
|