Skip to Content

Actividades de Relixión

Jesus, biblia religion dibujos animados, jesus cristo, historietas ...

Actividades de Educación Musical

Grupo de dibujos animados de niños cantando en el coro de la ...

EDUCACIÓN FÍSICA: Traballo do 18 ata o 22 de maio

Ola!!

Esta semana propoño 4 retos para os que so precisaredes rolos de papel hixiénico.

Espero que vos gusten!!

 

RETO 1: A TORRE

Nesta actividade precisades 6 rolos de papel hixíenico. Colocados en plancha, so apoindo os pás e as mans tedes que intentar facer unha torre.

Preme na imaxe:

 

RETO 2: A TORRE COS PÉS

Nesta actividades tamén tedes que facer unha torre pero desta vez cos pés. So precisades catro rolos.

Preme na imaxe:

 

RETO 3: SENTADILLA EN EQUILIBRIO

Neste reto tedes que intentar sentarvos e levantarvos 3 veces (sentadillas) cun rolo de papel na cabeza.

Preme na imaxe:

 

 

RETO 4: O VASO E O ROLO

 

Necesitades tres rolos de papel e 3 vasos de plástico. Colocades cada vaso encima dun rolo. Tedes que golpear o rolo e intentar que o vaso caia de pé.

Quen será capaz?

Preme na imaxe:

 

 

A XOGAR!!!

 

Actividades de Inglés

Juegos de inglés | Aprender inglés para niños | Árbol ABC

EDUCACIÓN FÍSICA: Traballo do 11 de maio ao 15 de maio

Ola!!

Esta semana celebramos a semana das Letras Galegas. A cultura e a actividade física sempre foron parellas por iso esta semana a miña proposta son

os Xogos Populares.

Vou poñer 4 xogos pero si queredes engadir algún máis non hai problema, podedes xogar a estes ou a outros que coñezan os vosos pais/nais ou avós/avoas.

Espero que vos gusten.

 

XOGO 1: A MARIOLA

Este xogo penso que xa o coñecedes case todos. Os máis pequenos poden saltar a pés xuntos.

No enlace están es regras:

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1367237289/contido/XOGOS-POPULARES/a-mariola.html

Pincha na imaxe para ver vídeo.

 

 

XOGO 2: TIRO Á RAIA

Xogo moi sinxelo. Debuxamos unha raia no chan e lanzamos unha pedra/ficha/moeda dende unha distancia. Temos que quedar encima da raia ou

o máis preto posible. Tamán se pode facer con canicas.

Pincha na imaxe: no vídeo xogan con canicas.

 

 

XOGO 3: TIRO Á PAREDE

O xogo é similar ao anterior (Tiro a raia) pero hai que tirar cara unha parede. Temos que intentar que a ficha/pedra/moeda/canica quede

o máis cerca posible da parede.

Pincha na imaxe.

 

XOGO 4: O TRES EN RAIA

EstE xogo tamán é moi coñecido. Trátase de tentar facer unha liña de tres e que o teu rival non a faga antes.

Pincha na imaxe.

 

 

ESPERO QUE VOS GUSTEN! RECORDADE QUE SE QUEREDES FACER OUTROS XOGOS SO TEDES QUE MANDAR FOTO E DICIR O XOGO DO QUE SE TRATA.

SE O EXPLICADES PODEMOS COMPARTILO PARA OS VOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.

APERTAS FORTES!!

Actividades Letras Galegas

D:\Usuario\Desktop\CARVALHO CAL

ENLACE YOUTUBE CONTO: " AS PITAS BAIXO A CHOIVA "

(PINCHA NA IMAXE PARA VER O CONTO)

 

A poposta de actividade para a celebración do Día das Letras Galegas consiste en facer un debuxo sobre o conto " As pitas baixo a choiva " similar ao da imaxe. Ademáis con este debuxo poderedes participar no concurso do Concello de Ribadavia.

 

 

CONCURSO CONCELLO

 

 

Actividades de Relixión

DIBUJOS INFANTILES DE RELIGION PARA CATEQUESIS

https://youtu.be/QhK2i63xiDM 

Actividades de Educación Musical

Niños De Dibujos Animados Feliz Cantando Y Tocando La Música ...

Distribuir contido


by Dr. Radut