Skip to Content

Actividades de Educación física

TEMA 1: BASES TEÓRICAS DE LA EDUCACIÓN FÍSICA - MOVE

Actividades para Educación Infantil

 

 Niños en el cole - Tus Puzzles

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

 Hola familias¡

Ante os acontecementos xurdidos co COVID-19 queremos facilitar a todas a familias do noso alumnado un banco de recursos para poder xestionar da mellor maneira posible a circunstancia do peche dos centro por 14 días naturais.

 

Para isto aportamos unha lista de recomendacións (nunca entendidas como traballo obligatorio) incidindo na importancia de manter unha rutina diaria cos nosos nenos e nenas para facerlles máis levadeira a situación que se producirá nestes días tan excepcionais.

 

O Claustro do Cra Amencer recomendamos como posibles actividades para o alumnado de infantil:

 

- Lectura de contos e elaboración de debuxos dos mesmos.

- Colaborar nas tarefas da casa (poñer a mesa, ordenar xoguetes…)

- Puzles, xogos de mesa, construción, plastilina....

- Elaboración dalgunha manualidade sinxela

- Xogos que implique algún movemento

- Cancións, bailes...

- Falar cos nenos e nenas da situación que estamos a vivir para que expresen as súas emocións, inquedanzas...

 

Tamén queremos que dende o nosa Nube  teñades un banco de recursos on-line. A coordinación de primaria a parte das titorías directas cos alumnos, tamén estará disponible a Nube ou a aplicación CLASSDOJO.

Gracias a todas as familias polo vosa comprensión e colaboración. O grupo de mestras  e mestre que compoñen o CRA Amencer estamos á vosa disposición a través das canles habituais de comunicación (cra.amencer@edu.xunta.gal). Toda a información que nas próximas horas e días vaia acontecendo seravos transmitida coa máxima celeridade posible a través de ditas canles. 

 

Atendendo ao PERÍODO DE ADMISIÓN, indicar a todas as familias que seguindo as instrucións recibidas "Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará unha semana despois do reinicio das clases"

CONCURSO DE CARTEIS "8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"

AINDA QUE NON ACADAMOS RECOÑECEMENTO ,ESTE CARTEL FOI ELABORADO POLOS ALUMNOS-AS DE PRIMARIA .

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.

Contacontos e visita á Biblioteca de Ourense

QUE DIVERTIDO FOI¡ 

PREMA NO ENLACE E VEREDES COMO NOS GUSTOU

https://youtu.be/aLhicQwPp0s

Proceso de Admisión e Formalización de Matrícula para o Curso 2020-21

Do 1 ao 15 de febreiro

Reserva de praza para o centro adscrito

Do 1 ao 20 de marzo

Prazo de presentación solicitudes de admisión

Do 23 de marzo ao 3 de abril

Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo (no caso de non ter que baremar, non será preciso aportar documentación: publicaremos unha cousa ou outra na páxina web)

Antes do 25 de abril

Publicación listaxes provisionais

5 días hábiles

Período de reclamacións as listaxes provisionais: 5 días hábiles a partir do día da súa publicación

Antes do 15 de maio

Publicación listaxes definitivas

Prazo de 1 mes

Período reclamacións listaxes definitivas: 1 mes a partir do día da súa publicación.

Do 20 ao 30 de xuño

Formalización da matrícula.

Documentos necesarios:

-3 fotos tamaño carnet

-Fotocopia cartilla Seguridade Social

-Fotocopia do libro de vacinas

Rematado o prazo, se non se formaliza a matricula, pérdese o dereito á praza obtida.

Semana polo clima

Dende as escolas gardamos un minuto de silencio

 

Primeiro día nas escolas

Así comezamos o curso¡¡¡ Que contentos ¡¡¡ Os profes tamén¡¡¡Risa

 San Cristovo

 

Francelos

 

San Paio

 

Distribuir contido


by Dr. Radut