Skip to Content

Segunda emisión da nosa radio Xoaniña Rosalía

Aquí tedes a segunda emisión da nosa radio Xoaniña Rosalía. Desta volta os nenos da escola de San Cristovo téñennos preparado un programa moi curriño! Esperamos que vos guste!

Primeira emisión da nosa radio Xoaniña Rosalía

Este curso comezamos cun novo e emocionante proxecto no que vos achegaremos as nosas vivencias a traves das ondas da nosa radio.

Dende a radio Xoaniña Rosalia do C.R.A. Amencer, saudámosvos a todos e invitámosvos a escoitar a primeira emisión realizada dende a escola de Francelos.

 

Musica de Cabeceira: www.bensound.com

PRAZAS PROVISIONAIS VACANTES CURSO 2018-2019

  Escola de S.Paio Escola de S.Cristovo Escola de Francelos
4º E.I.   4 6 4
5º E.I. 5 8 4
6º E.I. 3 4 3
1º E.P. 3 12 4
2º E.P. 3 8 3

 

En San Paio, a 28 de febreiro de 2018

                                                                                        A directora

 

                                                                                      Mª Cruz Estévez Iglesias

PRAZOS DE ESCOLARIZACIÓN 2018/2019

Reserva de praza nos centros adscritos (CEIP Plurilingüe Ribadavia) do 1 ó 15 /02 (aa.ii)
Publicación de normativa e prazas 28/02
Proceso de admisión do 1 ó 20/03 (aa.ii.)
Prazo entrega de documentación (só centros que bareman) o 23/03 e do 3/04 ó 13/04
Exposición de listado provisional de admitidos e non admitidos 24/04
Plazo de reclamación do 25/04 ó 3/05
Exposición de listas definitivas de admitidos e non admitidos 14/05
Período de matrícula  
Matrícula en E.I. e E.P. do 20 ó 30/06

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018-19

Segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o 1 de marzo, inícianse os trámites do procedemento para a admisión do alumnado.

 

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS:

  • O prazo para presentación de solicitudes de Admisión de Alumnado para o curso 2018-2019 é do 1 ao 20 de marzo.
  • O alumnado matriculado no centro ten garantida a súa permanencia nel.
  • O alumnado que solicite praza nun centro distinto, deberá comunicar a renuncia a praza do noso centro.
  • A solicitude de praza será única, e terá carácter vinculante. Deberá entregarse no centro que se solicite en primeiro lugar.
  • As solicitudes deberán estar asinadas por ambos proxenitores, sendo este requisito imprescindible no caso de familias separadas ou divorciadas.
  • A solicitude tamén se pode presentar a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado): solicitudes - admisión - crear solicitude de admisión

  Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es /admisionalumnado) utilizando o código da solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

Publícanse o formulario de solicitudes e a propia orde:

- Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG)

- Anexo II: Formularios de admisión e matrícula

DÍA DA PAZ

O mércores 31 de xaneiro celebramos todos xuntos na escola de Francelos o Día da Paz.

Foi un día moi especial, xa que tivemos a visita de Ramón Caride, e rematamos a gravación dun lipdub, coa canción de IMAGINE. Este video foi elaborado polo mestre de música (Álvaro) e colaboramos todos os mestres e alumnos do colexio.

Aquí vos queda para que o disfrutedes.

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN (CURSO 2018-19)

Segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, hoxe, 1 de febreiro, inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición.

O alumn@ que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición (neste caso, CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA) deberá presentar o ANEXO I no CRA Amencer de Ribadavia antes do 15 de febreiro.

A solicitude tamén se pode presentar a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado): solicitudes - solicitudes de reserva - crear solicitude de reserva

Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código da solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

Lémbrase tamén que o alumnado que faga esta reserva no centro adscrito, non poderá presentar solicitude de matrícula en calquera outro centro.

 

Publícanse os formularios de solicitudes e a propia orde:

- Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG)

- Anexo I: Reserva de praza

 

Bo Nadal 2017

TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CRA AMENCER DESÉXAVOS UNHAS FELICES FESTAS

 

PREMIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Esta semana tivemos unha moi boa noticia, resultamos premiados no certame Contádenos o voso Día das Letras, convocado pola Real Academia Galega dentro do proxecto educativo Primavera das Letras.

No certame participaron cerca de oitenta centros educativos de toda Galicia con proxectos arredor da celebración do 17 de maio dedicado a Carlos Casares.

O noso traballo está recollido no blog da biblioteca, pincha na imaxe para ver máis sobre o proxecto

A comunidade educativa do CRA Amencer de Ribadavia agradece a Real Academia Galega este premio polo traballo feito a prol da difusión da figura e a obra de Carlos Casares e da nosa lingua.

ABALAR MÓBIL

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.
 
Esta aplicación nace no contexto do Proxecto Abalar, un compromiso da Administración galega coa cidadanía galega, no ámbito da integración das novas tecnoloxías na práctica educativa, para acadar unha resposta integral e de futuro aos retos que presenta a educación do noso alumnado na sociedade dixital do século XXI. 
 
abalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.
 
A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).
 
PINCHA NA IMAXE PARA TER MÁIS INFORMACIÓN
 
Distribuir contido


by Dr. Radut