Skip to Content

COMEZO DO CURSO

COMEZO DO CURSO 2017/18

11 DE SETEMBRO DE 2017

 

 

PRESENTACIÓN

DE 10 A 12 HORAS

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017-18

 
 

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2017-18

No DOG do día 22 de maio de 2017 publícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Pincha na imaxe para obter máis información


ENLACE AO DOG

ENLACE A SOLICITUDE

REMATA O PRAZO O 23 DE XUÑO DE 2017

LISTAXE DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2017/18

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2017/18

ADMISION DE ALUMNADO PARA O CURSO 2017-18

Segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o 1 de marzo, inícianse os trámites do procedemento para a admisión do alumnado.

O alumn@ que queira realizar estudos no noso centro deberá presentar o ANEXO II no CRA Amencer de Ribadavia antes do 20 de marzo.

A solicitude tamén se pode presentar a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado): solicitudes - admisión - crear solicitude de admisión

Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código da solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

 

Publícanse o formulario de solicitudes e a propia orde:

- Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG)

- Anexo II: Formularios de admisión e matrícula

VACANTES PARA O CURSO 2017-18

Cadro de vacantes para o CRA Amencer de Ribadavia

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN (CURSO 2017-18)

Segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, hoxe, 1 de febreiro, inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición.

O alumn@ que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición (neste caso, CPI Tomás de Lemos) deberá presentar o ANEXO I no CRA Amencer de Ribadavia antes do 15 de febreiro.

A solicitude tamén se pode presentar a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado): solicitudes - solicitudes de reserva - crear solicitude de reserva

Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código da solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

Lémbrase tamén que o alumnado que faga esta reserva no centro adscrito, non poderá presentar solicitude de matrícula en calquera outro centro.

 

Publícanse os formularios de solicitudes e a propia orde:

- Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG)

- Anexo I: Reserva de praza

- Anexo II: Formularios de admisión e matrícula

BO NADAL

TODO O PROFESORADO DO CRA AMENCER DESÉXAVOS UNHAS FELICES FESTAS

RESULTADO DA ELECCIÓN DE PAIS/NAIS AO CONSELLO ESCOLAR

O día 23 de novembro celébranse as votacións de pais, nais e titores legais do alumnado do Centro para elexir a un compoñente do Consello Escolar (renovación 2016).

 VOTOS EMITIDOS: 26

 NULOS: 0

 EN BRANCO: 0

CANDIDATAS TOTAL DE VOTOS
SOFIA CABANAS FERNANDEZ 12
CRISTINA DABARCA BOULLOSA 14

Segundo isto proclámase candidata:

  • Cristina Dabarca Boullosa

 Asdo. Os compoñentes da Mesa Electoral.

Distribuir contido


by Dr. Radut