Skip to Content

ADMISION DE ALUMNADO PARA O CURSO 2017-18

Segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o 1 de marzo, inícianse os trámites do procedemento para a admisión do alumnado.

O alumn@ que queira realizar estudos no noso centro deberá presentar o ANEXO II no CRA Amencer de Ribadavia antes do 20 de marzo.

A solicitude tamén se pode presentar a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado): solicitudes - admisión - crear solicitude de admisión

Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código da solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

 

Publícanse o formulario de solicitudes e a propia orde:

- Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG)

- Anexo II: Formularios de admisión e matrícula



blog | by Dr. Radut