Skip to Content

Escola de San Paio

ARTE CON XEO DE CORES NA CARBALLEIRA

ARTE CON XEO DE CORES NA CARBALLEIRA de Vanesa Carballo Leal

ASÍ DE BEN O PASAMOS COAS PROPOSTAS SOBRE A AUGA!

Por equipos fomos pasando polas distintas propostas expostas sobre os experimentos coa auga. Aprendimos sobre as súas características, estados, ciclo .... e rexistramos todo nas plantillas. Tamén fixemos unha infografía con coidados básicos da auga que levaremos para as nosas casas para informar a todos que é moi importante coidar a auga do planeta.

DÍA DA AUGA NA ESCOLA de Vanesa Carballo Leal

PROPOSTAS E EXPERIMENTOS PARA TRABALLAR O DÍA MUNIDAL DA AUGA

A AUGA de Silvia Alvarez Perez

TROFEOS OLÍMPICOS PARA AS NOSAS MULLERES IMPORTANTES

Como remate final ao traballo adicado ao Día da Muller fixemos esta manualidade tan fermosa para levar para casa.

TROFEO OLÍMPICO PARA AS NOSAS MULLERES IMPORTANTES de Vanesa Carballo Leal

MESA SENSORIAL DÍA DA MULLER

Creamos con materiais sensoriais esta actividade para despertar a súa motivación e asociar o nome de cada deportista coa súa imaxe. Traballamos ademais a motricidade fina, a coordicación óculo-manual así coma outras funcións perceptivas como a atención. As imaxes levan o marco de cores polo que facilita a clasificación entre o alumnado máis pequeno que pode asociar a través das cores.

MESA SENSORIAL DÍA DA MULLER de Vanesa Carballo Leal

MULLERES NO DEPORTE

Coa información que recollimos coas familias creamos esta presentación para ter presentes mulleres deportistas ademais introudicimos pequenos vídeos para poder disfrutar dos seus deportes.


 

MULLERES NO DEPORTE de Vanesa Carballo Leal

SEMANA DA PRENSA

Na semana da prensa tivemos que resolver un reto: despois de analizar cómo é o xornal, buscamos e recortamos noticias de deportistas homes e mulleres, de quén hai máis noticias? Pegamos os recortes nun mapa visual que nos axudou a descifrar o reto! O seguinte paso foi pedir axuda as nosas familias para buscar nomes de deportistas mulleres e as profes crearon unha presentación para telas presentes.

Para realizar a tarefa que nos pediron dende a biblioteca fixemos equipos de xornalistas e cada un investigou e redactou a noticia sobre a muller deportista galega que lle tocou. Estas follas formarán parte so suplemento especial da VOZ DO CRA sobre MULLERES DEPORTISTAS GALEGAS.

Os e as xornalistas de San Paio fixeron un gran traballo!

SEMANA DA PRENSA de Vanesa Carballo Leal

A RONDA DO GRAN CAMIÑO CHEGA AO CASTELO DE RIBADAVIA

A ronda do Gran Camiño chega a nosa vila polo suscitou moito interese e motivación no noso alumnado. Aproveitando este acontecemento levamos a cabo algunha propostas tendo como elemento principal A BICI!

A BICICLETA de Vanesa Carballo Leal

DESPEDIDA PROFE CARLA

DESPEDIDA PROFE CARLA de Vanesa Carballo Leal

RECIBIMOS LEITUGAS DA ESCOLA DE FRANCELOS

Grazas aos amiguiñ@s da escola de Francelos por mandarnos estas leitugas que levamos para comer na casa. 

LEITUGAS DE FRANCELOS de Vanesa Carballo Leal

Distribuir contido


by Dr. Radut