Skip to Content

4º ESO

Traballando con Luís Davila

Somos o alumnado de 4º ESO e queríamos comentarvos un traballo que fixemos hai un tempo...

Preto de abril, os rapaces de 4º puxémonos mans a obra cun proxecto de Dixitalización que consistiría en facer unha viñeta de Luis Davila, que é o autor das viñetas que están nos pasatempos do xornal de encontrar as 8 diferenzas.

Fixemos algunhas das moitas viñetas que ten este artista con ferramentas que nos proporcionou o programa GIMP, que é un programa de edición de imaxes. O proceso foi sinxelo, mirando a viñeta puidemos facer o fondo, debuxando e coloreando as árbores, rochas, ríos... Logo de ter o fondo totalmente listo fixemos unhas fotos de nos mesmos en fondo verde para que as personaxes que aparecen na viñeta falando tiveran a nosa propia marca persoal. A continuación, puxémonos coas viñetas, abrimos o programa Libre Office Draw e escribimos o texto correspondente de cada viñeta nuns bocadillos que nos proporcionou a propia aplicación. Pasamos os bocadillos ao GIMP e colocámolos no seu lugar na viñeta, recortamos as nosas imaxes e situámolas onde están as personaxes e xa temos a nosa viñeta de Luis Davila, en formato de imaxe e GIF animado.

Se pinchades na imaxe que vos deixamos por aquí podedes ver o resto dos traballos...

Moitas grazas por ver o noso traballo!

Distribuir contido


by Dr. Radut