Skip to Content

Educación secundaria

Concurso de fotografía xuvenil Museo de Pontevedra

Queremos felicitar a Evelyn Freiría Conde e Daniela Rodríguez Tourís polos seus galardóns dentro do Concurso de fotografía xuvenil "Pegadas do Mar e da terra" do Museo de Pontevedra. Seguro que con esas cámaras novas seguiredes cultivando a vosa creatividade. Estades cheas de talento, noraboa!

As árbores de Galicia

 Este interesante libro de árbores de Galicia elaborouno o alumnado de 1º da ESO na materia de Bioloxía coa profesora Susana.

Día contra a violencia de xénero

Estas obras de arte están feitas por  alumnos e alumnas de 4º da ESO. GRAN TRABALLO ARTISTAS!

Excursión 2º da ESO a Braga (Portugal)

O alumnado de 2º da ESO realizou nos días 27 e 28 de maio unha viaxe a Braga (Portugal), onde puido pór en práctica algúns dos contidos traballados na materia de Lingua Galega e Literatura ao longo do curso. 

Nestes dous días visitaron Braga e Guimaraes e asistiron a un curso de cultura portuguesa na Universidade de Minho.

Esta actividade foi financiada polo propio alumnado que conseguiu o diñeiro a través da organización dunha actividade cultural.

Muito obrigad@s a tod@s as pessoas que nos ajudaram!

Deporte escolar

Neste trimestre asistimos co mestre Fernando a varias actividades deportivas e recibimos a compañeir@s doutros centros cos que disfrutamos practicando diferentes deportes.

O 12 de decembro fomos correr á azucareira de Portas os alumn@s de 4º, 5º, 6º de Educación Primaria e 1º da ESO.

O 19 de decembro, os alumn@s de 1º da ESO xogamos balonmán, fútbol, baloncesto e datchball con compañeiros de Cesures en equipos mixtos. 

Distribuir contido


by Dr. Radut