Con motivo da celebración do Día Internacional da Danza o vindeiro 29 de abril o Conservatorio Profesional de Danza de Lugo presentará no Auditorio Municipal Gustavo Freire as súas galas de clausura en colaboración coa concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.
 
Todas as funcións terán lugar ás 20,30h. A primeira gala celebrase o 25 de abril, baixo o título "Historietas xacobeas" e contará co estudantado de grao elemental. O alumnado de grao profesional interpretará dúas obras tituladas "O Camiño" o 26 e o 27. As entradas son de balde e poden adquirirse a través do portal entradaslugo.es
 
Na presentación destas actividades do CDAN Lugo Maite Ferreiro explicou “que estas galas e outros eventos públicos abertos á cidadania, que mostran a danza e as artes do movemento en diferentes formas teñen un enorme interese cultural e educativo para a cidade, fomentando deste xeito a difusión do coñecemento das artes do movemento”. “Hai que ter presente e por en valor o feito de que en Lugo está o único Conservatorio Profesional de Danza da Galiza, polo que parece axeitado seguir apostando por darlle visibilidade a un centro e ensinanzas que axudan a conseguir habilidades e capacidades artísticas e a dar a coñecer diferentes vertentes desta arte” destacou a concelleira.
 
           
 
Fotos: Alfredo Bongianni
 

O venres 22 ás 19.30 , terá lugar no Centro Sociocultural de Fingoi unha actividade aberta ao alumnado de Grao Elemental do CDAN.

Erika e a Danza no CC Fingoio o venres 22
Os vindeiros 22 e 23 de marzo, ás 20,30h, terán lugar as mostras de repertorio de danza clásica e contemporánea no Auditorio Municipal Gustavo Freire, nas que participará o alumnado de terceiro a sexto de ámbalas dúas especialidades. 
 
As entradas son de balde e estarán dispoñibles a partir do 18 de marzo na páxina https://entradaslugo.es/
 
A mostra de repertorio de danza clásica será o 22 de marzo e nela se interpretarán fragmentos de ballets, como "Giselle", "Paquita" ou "Bayadere", entre outros. A mostra de contemporáneo celebrarase o 23 de marzo e no programa poderá verse o traballo de aula do alumnado, improvisacións e algunhas pezas de repertorio, como "appartement" ou "50 looks"
 

Publicada a información relativa ás Probas de acceso para o CDAN Lugo, curso 2022/23.

Toda a información relativa ás datas, matrícula, probas, etc. no apartado de Probas de Acceso do menú "O cento" (na marxe esquerda desta web).

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO PREPARATORIO NO CDAN LUGO. Dirixido a nenos e nenas nados en 2017.

 

As clases do curso de Preparatorio 2024-25 darán comezo o LUNS 7 de OUTUBRO de 2024 e rematarán o LUNS 19 DE MAIO DE 2025

REUNIÓN DE PRESENTACIÓN: LUNS 30 DE SETEMBRO NA HORA DA CLASE

GRUPO A: LUNS de 16 a 17 h.

GRUPO B: LUNS de 17 a 18 h.

Preparatorio é un curso gratuíto para que os nenos e nenas (nados no 2017) poidan coñecer as ensinanzas do Conservatorio antes de iniciar o Grao Elemental.

O curso ofrécese nunha clase de 55 minutos, un día á semana.

A admisión será por orde de inscrición. No correo electrónico de inscrición poderán manifestar preferencia de grupo (A ou B). Con todo, daremos preferencia nun grupo o alumnado que acredite incompatibilidade horaria con ensinos obrigatorios e o alumnado que se desprace desde fóra de Lugo terá prioridade para o grupo B (17.05 horas).

Para formalizar a inscrición débese enviar un correo electrónico a conservatorio.danza.lugo@edu.xunta.gal achegando o impreso “SOLICITUDE INSCRICIÓN CURSO PREPARATORIO” cuberto (no adxunto), DNI ou libro de familia, tarxeta sanitaria e foto formato carné.

 

Distribuir contido