blogue deadmin

VENRES 30 DE XUÑO: ÚLTIMO DÍA!!!!!!!!!

INSTRUCIÓNS PARA A MATRÍCULA (impreso e información de taxas nos adxuntos máis abaixo)

Prazo de matrícula: Até 30 de xuño 2023.

Para formalizar a matrícula toda a documentación será enviada ao correo electrónico do centro conservatorio.danza.lugo@edu.xunta.gal

En caso de dúbida chame ao teléfono de atención administrativa 982809642 (de 9 a 14h) ou escriba ao correo electrónico do centro conservatorio.danza.lugo@edu.xunta.gal

DOCUMENTACIÓN:

o   FOLLA DE MATRÍCULA (ver no adxunto) 

o    IMPRESO DE AUTOLIQUIDACIÓN (ver instrucións pago taxas matrícula CDAN LUGO 2023 2024) OU XUSTIFICANTE DE SOLICITUDE DE BOLSA

E ADEMAIS:

Alumnado que se matricula por primeira vez:

o    Fotocopia da tarxeta sanitaria

o    Fotocopia do título de familia numerosa actualizado (se é o caso)

o    Copia da resolución da patria potestade (no caso de separación legal dos pais)

o    Certificado de matrícula gratuíta (se é o caso)

o    Os estudantes procedentes doutros conservatorios: xustificante de solicitude do traslado de expediente

Alumnado do centro:

o    Fotocopia do título de familia numerosa actualizado (se é o caso)

o    Certificado de matrícula gratuíta (se é o caso)

o    Achegarase a información pertinente cando existan cambios dende a primeira matrícula (cambio de tarxeta sanitaria, datos de contacto….)

Os país/nais/titores legais ou o alumnado maior de idade poden achegar información complementaria á requirida se o estiman necesario

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

PROBAS DE ACCESO AO CDAN LUGO PARA O CURSO 2024/2025

PRAZO DE INSCRICIÓN: A partir do 29 de abril

Vacantes en todos os cursos de Grao Elemental

Vacantes en 1º,2º,4º e 6º de Grao Profesional especialidade Danza Clásica

Vacantes en todos os cursos de Grao Profesional especialidade Danza Contemporánea

DATAS DAS PROBAS:

1º DE GRAO ELEMENTAL_ MÉRCORES 12 DE XUÑO_16 HORAS

2º,3º,4º DE GRAO ELEMENTAL_XOVES 13 DE XUÑO_16 HORAS

1º DE GRAO PROFESIONAL_DANZA CLÁSICA_LUNS 10 DE XUÑO_16 HORAS

1º DE GRAO PROFESIONAL_DANZA CONTEMPORÁNEA_MARTES 11 DE XUÑO_16 HORAS

OUTROS CURSOS DE GRAO PROFESIONAL AMBAS ESPECIALIDADES_ MARTES 25 DE XUÑO (DANZA CONTEMPORÁNEA EN HORARIO DE MAÑA, DANZA CLÁSICA MAÑA E TARDE)

CONTIDOS E CRITERIOS (no adxunto)

O pasado venres 23 de febreiro e coincidíndo co Día de Rosalía 2024, realizamos esta gravación improvisada na aula de 2ºB de Grao Elemental.

Decidimos incluir no video os subtítulos coa letra orixinal do poema, para poñer en contexto temporal a obra rosaliana.

Letra: Rosalía de Castro. (Poema "Sin niño" do libro "Follas Novas"). Música: Emilio Mesías Farias. Cantan: Alumnado de 2ºB de GE. (Lucía Trigo Castedo, Valeria Pérez Vázquez, Vega Llenderrozos Rodríguez, Alejandra Valín Gude, Aroa Bermejo Rodríguez, Lena Gutierrez Ingerto, Isabella Kaori Tamashiro Herrera).

Gravación: Alba Felpete Facal (Coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CDAN Lugo).

 

    

 

Comprácenos darvos a benvida a este curso 2023/24, no que celebramos con orgullo o noso 20 aniversario.

Todo o equipo docente e non docente iniciamos con moito entusiasmo e ilusión esta nova andaina na que estamos comprometidos a acompañar ao alumnado no seu crecemento persoal, técnico e artístico, axudándoos na súa formación como futuros profesionais da danza.

Desde o CDAN Lugo agardamos que este curso veña cargado de novos proxectos e actividades.

Cristina Lata Villoch

Directora CDAN Lugo

Distribuir contido