Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
O noso centro participa no programa CPInnova polo que temos a sorte de gozar de material innovador e darlle uso para divertirnos e aprender dándolle renda solta á nosa imaxinación.
Nun día solleiro de primavera, á primeira hora da mañá que temos máis esperta a mente ímoslle dar uso a todo o material que nos aportou o programa para realizar, no patio do centro, "provocacións".
Que son as provocacións? Son invitacións ou suxerencias que espertan interese por explorar, usar materiais e xogar partido da curiosidade e do desexo.
Como as levamos a cabo? Os mestres e mestras fixeron unha breve creación con algún material aportado e outro recollido da natureza para semellar unha paisaxe natural, a partir da análise desta provocación o alumnado organizouse para seguir empregando o material restante modificando e ampliando dita paisaxe.
Os resultados foron espectaculares, nos que engadiron pequenos detalles convertindo a provocación inicial nunha cidade con un gran zoolóxico, estradas, vehículos, campo de fútbol...
Francesco Tonucci "Un bo xoguete é aquel que, sen ser nada en concreto, poder ser todo"