arquivo

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Durante esta última semana dende a biblio fixemos actividades relacionadas coa ciencia e tamén cos elementos que fan falta para elaborar o pan. Experimentamos co millo e o trigo, coa auga e coa terra (ou sustrato). Esta actividade é unha tarefa relacionada co PDI do centro Descubrindo Carral: temos moito que contar. Ademais o alumnado de 5º e 6º expuxo as súas maquetas sobre o Universo e o corpo humano. Velaí unhas imaxes.

CALENDARIO DE ADVENTO

Durante estes quince días, antes de que comece o inverno e se produza o solsticio, na biblioteca iremos facendo actividades relacionadas coa animación lectora e a cultura a través do noso calendario. Cada día sacaremos unha tarxeta dos sobres e veremos que sorpresa nos depara. Ide mirando na seguinte foto, iremos actualizando cada día os enlaces. Achégase o SOLSTICIO DE INVERNO e con el o NADAL!

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS

Velaí os padriños e madriñas lectoras de 6º B e os seus afillados de 1ºB compartindo lecturas de creacións propias sobre o Nadal. Unha boa motivación para escribir e un público esixente pero entregado. Así da gusto!  

Lecturas de Nadal en 1º B from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

COMO SERÍA A TÚA BIBLIOTECA IDEAL?

Na formación de usuarios que se fixo a comezos de outubro con todo o colexio e para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares o 24 de Outubro propuxémosvos que debuxarades como vos gustaría que fose o espazo da biblioteca. Temos anotadas varias propostas para poder levalas a cabo. Encantáronnos os altillos, as alfombras, as zonas de xogos de mesa, os pufs, o espazo "gamer," os tipis incluso ao aire libre, a biblioteca do futuro, os columpios, as piscinas, as cabanas, a música.... Pero sobre todas as cousas encantáronnos esas caras de ledicia lendo. Moitas grazas a todos e todas por colaborar. Procuraremos facer dos vosos soños unha realidade!  

Debuxa como che gustaría que fose a nosa biblioteca from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

TALLER DE POSTAIS DE NADAL

Os padriños e madriñas de 6º e os seus afillados e afilladas de 1º agasalláronse  con postais e bos desexos para este Nadal. Foron momentos de compartir emocións e de demostrar afectos. Creamos comunidade dende a biblioteca.

FESTIVAL DE INVERNO

Aquí vos deixamos uns anaquiños do que aconteceu no Festival de Inverno deste ano. BOAS E MERECIDAS VACACIÓNS PARA TODOS E TODAS!

Festival de Inverno from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña