arquivo

PINGÜI ENTREGA AS MOCHILAS VIAXEIRAS DE EI

As actividade de "Mochilas viaxeiras" en EI está en marcha! Pingüi acompañounos a entregalas e a coñecer aos máis pequenos do cole. 

 

COMEZAN OS NOVOS E NOVAS COLABORADORES

Moitas grazas rapaces e rapazas! Facedes unha gran labor!

MÁSCARAS NOS RECREOS

Esta semana nos recreos da biblio fixemos caretas da nosa mascota. 

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS.

O día 24 de Outubro celébrase o Día das Bibliotecas, pásate pola nosa e resposta á pregunta... QUE É UNHA BIBLIOTECA PARA TI? Ademais invitámoste a que veñas a ver a curta "Los fantásticos libros voladores del Sr Morris Lessmore"  de William Joyce distinguida cun Óscar en 2011. Algo sucede na vida tranquila dun amante á lectura para que teña que converterse no novo encargado dunha biblioteca un tanto especial. Queres saber que lle puido suceder? Coidas ti os libros ou coidante os libros a ti? Non te perdas esta incrible e tenra historia que remata de forma circular, é dicir, todo volve a empezar... 

MARIONETAS POLO SAMAÍN

As marionetas do Samaín están sendo todo un éxito, con elas pasamos un rato entretido e ademais ata nos aventuramos a facer as nosas propias creacións e con elo melloramos a interpretación, a linguaxe oral, a creatividade... Pasádevos pola biblio que están á vosa disposición ata o venres!

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña