arquivo

Literatura infantil

Recentemente coñecíamos os galardoados nos premios Xerais, onde tamén existe un oco para a nosa literatura infantil. Este ano a obra premiada, nesta categoría, foi Muriel, de María Canosa. A escritora xa posúe unha ampla traxectoria na escrita infanto- xuvenil. Así pois, na biblioteca do noso centro poderedes atopar algúns libros desta autora. Mentres non chega Muriel ás nosas mans, podemos deleitarnos con outros dispoñibles.

EDITORIAL PINGÜI

A Editorial Pingüi foi un proxecto colaborativo do EDLG (Equipo de Dinamización da Linga Galega) e do Equipo de Biblioteca que se desenvolveu durante este curso escolar. O obxectivo deste traballlo foi crear unha liña editorial de libros informativos en galego feitos polo noso alumnado. Estas son as primeiras tiradas de libros que saen del, picade nos puntos vermellos da foto para ver o resultado. Tamén vos deixamos o vídeo presentado para o concurso da Plataforma Proyecta. Queremos agradecer a Yolanda, a técnico de Dinamización Lingüística do Concello, a súa axuda desinteresada na revisión da corrección lingüística. En breves esperamos ter máis novas deste proxecto que está nacendo... 

Pingüi e as persoas que formamos este grupo desexámosvos boas vacacións para todos e todas!

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña