Skip to Content

Adaptación das Programacións Didácticas 2019-2020

A partir da información presente nas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, expóñense a continuación as adaptacións das programacións didácticas do presente curso escolar para seren desenvolvidas no terceiro trimestre.

 

Adaptación E. Infantil (preme aquí)

Adaptación 1º EP (preme aquí)

Adaptación 2º EP (preme aquí)

Adaptación 3º EP (preme aquí)

Adaptación 4º EP (preme aquí)

Adaptación 5º EP (preme aquí)

Adaptación 6º EP (preme aquí)

Fornite

Adxuntamos unha infografía do grupo érguete, sobre o videoxogo chamado Fornite, que a miúdo é obxecto de moitas dúbidas e preguntas por parte das familias.

Esperamos que vos sirva de axuda.

INFORMACIÓN DO IES

No seguinte documento adxunto podedes atopar información dirixida ao alumnado de 6º e ás súas familias, sobre o IES Plurilingüe a Paralaia.

No mes de xuño, haberá unha nova reunión informativa. Xa vos informaremos directamente cando estea concretada a data e o lugar/modo de celebración. 

RECURSOS

Aquí podedes ver unha serie de recursos para distintas temáticas: TDAH, TEA, Dislexia...

Outras páxinas que poden ser de interese, para ver ponencias de especialistas en diferentes temáticas:

O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

QUE É?

O Departamento de Orientación é un servizo gratuito que se oferta desde o centro para asesorar e informar a pais, mestres e ao propio alumnado sobre todos aqueles aspectos que poidan repercutir na mellora do rendemento académico dos nosos alumnos.

 

PARA QUE SERVE?

Para aportar información e valorar as necesidades a nivel de estudo, comportamento, rendemento académico, personalidade, adaptación, problemas familiares, hiperactividade, dificultades de pronunciación, dificultades auditivas etc.

O departamento ten recursos para facer valoracións iniciais do alumnado e, no caso de que se considere necesaria a intervención doutros especialistas (psicólogos, neurólogos, psiquiatras, asistentes sociais ...) é o responsable de comunicarllo ás familias para que acudan a ditos servicios.

É o encargado de tramitar todas aquelas actuacións que sen ser estrictamente académicas poidan incidir no desenvolvemento do neno, sendo o nexo de unión entre o centro e os servizos médicos, cos xulgados ou cos servizos de asistencia social.

 

QUEN O FORMA?

-Orientadora: Profesional con formación en Psicopedagoxía.

-Mestra de Pedagoxía Terapéutica (PT): Formada para atender aspectos relativos á mellora da lectura e escritura, aprendizaxe de estratexias básicas, realización de apoios ...

-Mestra de Audición e Linguaxe (AL): Especialista nos temas da fala, emisión de son, problemas auditivos e todo o relacionado coa logopedia e a competencia comunicativa. Este ano a mestra de AL estará no noso centro os luns e os mércores, dado que a comparte connosco o CEIP de Abelendo.

O normal é que PT e AL traballen de maneira individual ou en pequeno grupo dado que son un recurso extraordinario. O seu traballo tamén pode ser realizado dentro da aula da titoría ou nas aulas de PT ou AL, dependendo de varios aspectos: dos contidos que se vaian traballar, das caracterísiticas do alumnado, da organización do horario...

As familias do alumnado que necesite traballar con algún destes especialistas, sempre será informada previamente.

 

COMUNICACIÓN

A forma de solicitar unha entrevista coa orientadora máis habitual é a través dos titores. Tamén por teléfono, e-mail ou a través da Secretaría do centro.

Os motivos da reunión deben referirse ás funcións propias do departamento.

A reunión realizarase preferiblemente xunto co titor.

O horario é os luns, mércores e venres de 9:30 a 14:30.

Atenderesa previa cita.

Este horario pódese ver afectado por algún cambio.

Axudas de comedor escolar

Adxuntamosa Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola consellería de educación durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia  do  COVID-19,  co  levantamento  dos  prazos  de  suspensión  do procedemento (código de procedemento ED601B).

Premer no documento adxunto.

A data límite é o 6 de abril

Recomendacións Refórza-T

Aquí tedes algunhas recomendacións do programa Refórza-T para estes días.

   

       Esquema para a resolución de problemas (preme aquí)

       Recomendacións para ficar na casa (preme aquí)

Propostas de actividades para educación infantil #euquedonacasa

Propostas de actividades para educación infantil #euquedonacasa

Admisión alumnado 2020-2021

PROCESO DE ADMISIÓN

 

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

Instrucións (prema aquí)

Distribuir contido


by Dr. Radut