Skip to Content

Localización

ONDE ATOPARNOS

C.E.I.P. Plurilingüe Tirán

 

Datos de interese

Correo electrónico: ceip.tiran@edu.xunta.es

Dirección: Igrexario s/n, Tirán (Moaña)-36958

Teléfono/fax: 886.11.02.71

Horario: 9:30 a 14:30 e martes de 16:00 a 19:00

 

ONDE ATOPARNOS?

O noso colexio atópase nun lugar privilexiado preto do Monte dos Remedios, na parroquia de Tirán en Moaña.

Para chegar ata o noso centro escolar, haberá que vir pola estrada PO-551 que une as localidades de Moaña e Cangas do Morrazo. Aproximadamente a 2 kms de cada unha delas, atoparedes o desvío ó colexio, por unha vía ascendente (véxanse as seguintes imaxes).

 

Vista vindo de Moaña.

 

Vista vindo de Cangas (atoparedes un letreiro comercial á dereita "Relé").

 

 

Vía ascendente hacia o noso colexio (hai indicacións ó centro a ambas marxes).

 

Ó chegar ó Cruceiro, seguimos a vía ascendente (en diagonal hacia a esquerda), e a escasos 30 metros atoparedes o acceso ó recinto escolar.

 

Si ves polo chamado "Corredor do Morrazo", estrada CG-4.1, a nosa recomendación é que tomes a saída nº12, dirección Cangas, e ó chegar a esta localidade, na segunda rotonda, a famosa "Glorieta do Gordo", xires á esquerda dirección Moaña, e sigas as indicacións que che indicamos anteriormente.

 

 

 

OS ANIMAIS DESEXAN UN BOSQUE ANIMADO

                                                           Cantos novos amigos atoparemos?

O MAR DE TIRÁN

A TARTARUGA E O GOLFIÑO NO FONDO DO MAR

O PENEDO DE TIRÁN TEN AMIGUIÑOS

3 de maio 2010

O xoven artista moañés Hugo Sánchez, Lenex, está a decorar o colexio.

A CURUXA VOA DETRÁS DO COLEXIO...

 Por fin a curuxa déixase ver.

1 maio 2010

Creado por un coñecido artista de Moaña, Lenex.

A PARTE DE ATRÁS

Tanto pais e nais, como nenos e nenas do colexio non dubidaron en pintar e pintar ata deixalo  así de ben.

Abril 2010

A NOVA CARA DO COLEXIO

Nenos do colexio cubrindo o graffiti vello ca nova pintura.
14 abril de 2010

O PENEDO DO CEIP TIRÁN

 

O noso colexio está ubicado na parroquia de Tirán, que pertenece a Moaña.

Temos un pequeno tesouro no noso xardín, a rocha do CEIP Tirán. Esta maravilla está dentro do noso recinto e podemos disfrutar dela cada día. Forma parte do noso logo, aparecendo nos letreiros do colexio e nesta páxina web.

Este ano fixemos un concurso no que os alumnos/as tiveron que dibuxar a súa versión da pedra, que nos recibe e despide cada día, ademais de coidar do colexio cando non estamos. As obras ganadoras do concurso aparecerán na revista escolar deste fin de curso, como portada e contraportada.

Os nenos/as vense atraídos por ela. Din algúns que ten moito, moito tempo, e que contén arte rupestre acollido entre as fendiduras... ¿Será verdade?....

 

Distribuir contido


by Dr. Radut